quitar
(
-
v t
Separar algo ou alguén do lugar en que estaba.
Ex: Quita os pratos da mesa.
Sinónimos: sacar, tirar. Antónimos: poñer, poñer. Confrontacións: afastar, apartar. -
v t
Sacar ou extraer unha cousa doutra da que forma parte.
Ex: Quitou o zume das laranxas. Quitou os pantalóns.
Sinónimos: tirar. -
v t
Levar algo ou alguén para fóra dun recinto ou lugar pechado.
Ex: Quitouno de paseo. Quita o leite da neveira.
Sinónimos: sacar. -
v t
Arrebatar a alguén algo que lle pertencía.
Ex: Quitáronlle os cartos con enganos. Quitáronlle as ilusións.
Sinónimos: sacar. -
v t
Facer que algo desapareza do seu sitio.
Ex: Este produto quita as manchas.
Sinónimos: sacar, tirar. -
v t
Facer saír a alguén dunha determinada situación ou condición.
Ex: Esa axuda vainos quitar da miseria.
Sinónimos: sacar. -
v t
Privar a alguén de facer algo.
Ex: El non é quen de te quitar de vir.
Sinónimos: sacar. Confrontacións: prohibir. -
v t
Sacar vantaxe a alguén.
Ex: Quítalle moitos centímetros de altura ao seu irmán.
-
v t
Conseguir algo.
Ex: Quitou moitos cartos con esa venda.
Sinónimos: sacar. -
v t
Facer o necesario para obter o que se expresa.
Ex: Quitou unha foto.
Sinónimos: sacar. -
v t
Adquirir unha entrada ou billete.
Ex: Quita unha entrada para min e outra para a nena.
Sinónimos: sacar, tirar. -
v t
Conseguir con astucia unha información de alguén.
Ex: Foi preguntando ata que lles quitou todos os detalles da voda.
Sinónimos: sacar. -
v t
Botar para fóra unha parte do corpo.
Ex: Quita peito!
Sinónimos: sacar. -
v t
Resolver un problema ou unha conta.
Ex: Son incapaz de quitar esta división.
Sinónimos: sacar. -
v t
Inventar, idear ou producir algo.
Ex: Quitaron un novo modelo de tractor.
Sinónimos: sacar. -
v t
Liberar dun castigo ou pena.
Ex: Conseguiu que lle quitaran a multa.
Sinónimos: sacar. -
v t
Soltar unha porción de tecido para aumentar o tamaño dunha peza de roupa.
Ex: Quitoulle uns centímetros ao pantalón. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Quítalle á saia.
Sinónimos: sacar. -
v t
Recoñecer ou identificar unha persoa polo seu parecido con alguén da súa familia.
Ex: Quitouno polo seu irmán.
Sinónimos: sacar. -
v t
Pór en movemento a pelota en certos deportes e xogos.
Ex: Quita as faltas con moita potencia. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absluto. Ex: Sempre quita el.
Sinónimos: sacar. -
v t e i
Ser obstáculo ou impedimento para algo.
Ex: Iso non quita para que o poidas facer. Unha cousa non quita a outra.
Sinónimos: sacar. -
v i e pron
Cambiar de lugar ou posición.
Ex: Quíta(te) de aí.
-
v pron
Abandonar un hábito ou costume.
Ex: Quitouse da bebida.
-
v pron
Deixar de ser visible unha mancha.
Ex: Iso quítase con auga e xabón.
Sinónimos: saír.
Indicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles quito
quitas
quita
quitamos
quitades
quitan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles quitaba
quitabas
quitaba
quitabamos
quitabades
quitaban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles quitei
quitaches
quitou
quitamos
quitastes
quitaron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles quitara
quitaras
quitara
quitaramos
quitarades
quitaran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles quitarei
quitarás
quitará
quitaremos
quitaredes
quitarán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles quitaría
quitarías
quitaría
quitariamos
quitariades
quitarían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles quite
quites
quite
quitemos
quitedes
quiten
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles quitase
quitases
quitase
quitasemos
quitasedes
quitasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles quitar
quitares
quitar
quitarmos
quitardes
quitaren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
quita
-
-
quitade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles quitar
quitares
quitar
quitarmos
quitardes
quitaren
quitada
quitados
quitadas