tirar

tirar
  1. v t

    Impulsar ou botar algo ou a alguén a certa distancia, especialmente coa man.

    Ex: Tirábanlles caramelos aos nenos.

  2. v t

    Soltar ou deixar caer algo da man.

    Ex: Tirou a arma e levantou os brazos.

  3. v t

    Facer que algo ou alguén deixe de estar onde estaba, co que estaba ou con quen estaba.

    Ex: Tira un paquete de arroz do estante.

    Sinónimos: quitar, sacar.
  4. v t

    Facer que algo desapareza.

    Ex: Teño que tirar esta mancha da camisa.

    Sinónimos: sacar.
  5. v t

    Arrebatar ou quitar algo a alguén en contra da súa vontade.

    Ex: O ladrón tiroulle os cartos e o reloxo.

    Sinónimos: quitar, sacar.
  6. v t

    Facer o necesario para obter o que se expresa.

    Ex: El quería tirar o carné de conducir.

    Sinónimos: quitar, sacar.
  7. v t

    Obter ou conseguir algunha cousa ou resultado.

    Ex: Non tirou beneficios dese negocio.

    Sinónimos: quitar, sacar.
  8. v t

    Imprimir un determinado número dun prego, dunha páxina ou dunha publicación.

    Ex: Tiraron só cen exemplares da revista.

  9. v t

    Deixar algo ou a alguén fóra dun grupo ou conxunto do que forma parte.

    Ex: Tirándote a ti, o resto dos mozos son moi altos.

    Sinónimos: quitar, sacar.
  10. v t

    Desfacerse dalgunha cousa que xa non serve ou que non se quere.

    Ex: Teño que tirar este xersei porque está rachado.

  11. v t

    Derrubar ou facer caer ao chan.

    Ex: O vento tirou as tellas do tellado. OBS: Tamén se emprega seguido da preposición con. Ex: Tirou con ela da bicicleta.

  12. v t

    Lanzar a pelota dunha determinada maneira ou do xeito preciso.

    Ex: Tirou o penalti.

  13. v t

    Disparar un proxectil.

    Ex: A policía tirou un tiro ao ar. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Tirou a dar.

  14. v t

    Xogar unha carta, un dado ou unha ficha.

    Ex: Tirou o ás. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Tirei mal.

  15. v i

    Facer forza unha persoa ou un animal, situado diante daquilo que quere mover, para atraer unha cousa na mesma dirección ca el.

    Ex: As vacas tiraban do carro.

  16. v i

    Provocar algo ou alguén un sentimento de atracción ou afección.

    Ex: Non me tira nada ir a esa festa.

  17. v i

    Seguir unha determinada dirección ou traxectoria.

    Ex: Ao chegar ao cruzamento tira á dereita.

  18. v i
    1. ivir alguén nunha situación precaria debido a dificultades económicas, emocionais ou de saúde.

      Ex: Non está moi ben pero vai tirando.

    2. Manterse en funcionamento ou en uso algunha cousa.

      Ex: A ver se lle tira o negocio ata que se xubile. Este ordenador xa non tira.

  19. v i

    Permitir un conduto a boa circulación de aire para facilitar a combustión.

    Ex: A cheminea nova tira moi mal.

  20. v i

    Ter semellanza con algo ou alguén co que se pode ter algún tipo de relación ou parentesco.

    Ex: Este rapaz tira a seu avó.

  21. v pron

    Marchar ou saír alguén do lugar onde estaba.

    Ex: Tirouse da cama e foi correndo ao baño.

  22. v pron

    Lanzarse ou deixarse caer nun sitio.

    Ex: Tirouse á piscina con coidado.

  23. v pron

    Colocarse alguén tumbado nalgún sitio.

    Ex: Tirouse na herba e durmiu un pouco.

Frases feitas

  • Tirar da boca. Adiantarse a dicir algo antes ca outra persoa.

  • Tirar da/pola lingua. Facer que alguén diga ou conte algo.

  • Tirar unha foto/retrato. Fotografar algo ou a alguén.

Palabras veciñas

tirapé | tirapedras | tirapuxa | tirar | tirarrollas | Tiraspol’ | tiratacos
Conxugar
VERBO tirar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
tiro
tiras
tira
tiramos
tirades
tiran
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
tiraba
tirabas
tiraba
tirabamos
tirabades
tiraban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
tirei
tiraches
tirou
tiramos
tirastes
tiraron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
tirara
tiraras
tirara
tiraramos
tirarades
tiraran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
tirarei
tirarás
tirará
tiraremos
tiraredes
tirarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
tiraría
tirarías
tiraría
tirariamos
tirariades
tirarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
tire
tires
tire
tiremos
tiredes
tiren
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
tirase
tirases
tirase
tirasemos
tirasedes
tirasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
tirar
tirares
tirar
tirarmos
tirardes
tiraren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
tira
-
-
tirade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
tirar
tirares
tirar
tirarmos
tirardes
tiraren
Xerundio tirando
Participio tirado
tirada
tirados
tiradas