poñer
(< lat ponĕre)
-
v t
Facer que alguén ou algo estean no lugar que se indica.
Ex: Pon as xoias no estoxo.
Sinónimos: pór. -
v t
Facer que algo ou alguén estea da maneira que se expresa.
Ex: Con aquelas preguntas púxoo nun compromiso. Puxo a todos de xeonllos.
Sinónimos: pór. -
v t
Calzar ou vestir algo.
Ex: Puxo unha chaqueta e uns zapatos novos.
Sinónimos: pór. -
v t
Dar certa cantidade de diñeiro ou doutra cousa material.
Ex: Puxeron 20 euros cada un para comprar o regalo.
Sinónimos: pór. -
v t
Deixar algo ou a alguén de forma diferente a como estaba.
Ex: O can púxolle a saia perdida.
Sinónimos: pór. -
v t
Estar escrito algo.
Ex: A nota poñía que chegaría tarde.
Sinónimos: pór. -
v t
Escribir ou enviar unha mensaxe.
Ex: Poralle un correo electrónico ao chegar.
Sinónimos: pór. -
v t
Chamar por primeira vez un nome.
Ex: Púxolle Sabela.
Sinónimos: pór. - v t
-
v t
Facer que un aparato comece a funcionar.
Ex: Mándoulle que puxese a lavadora.
Sinónimos: pór. -
v t
Dispoñer ou preparar algo.
Ex: Uns poñen a mesa e outros recóllena.
Sinónimos: pór. -
v t
Establecer ou fixar algo.
Ex: Entre todos puxeron o día da excursión.
Sinónimos: pór. -
v t
Sementar algo.
Ex: Na horta puxo cebolas e leitugas.
Sinónimos: pór. -
v t
Botar os ovos unha femia de animal ovíparo, especialmente as aves. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto.
Ex: Hoxe só puxeron dúas galiñas.
Sinónimos: pór. -
v pron
Quedar nun estado diferente ao que estaba.
Ex: Púxose moi triste cando recibiu a noticia.
-
v pron
Meterse un astro por detrás do horizonte.
-
v pron
Chegar a un lugar.
Ex: Pola nova estrada ponse na casa en pouco tempo.
-
v pron
Pasar a ocupar un determinado sitio.
Ex: Antes de que os mandasen puxéronse en ringleira.
-
v pron
Indicar ou reproducir o que alguén dixo.
Ex: De súpeto pónseme: déixame en paz!, e marchou.
-
Acordo, inicialmente subscrito en 1961 entre diversos países europeos e EE UU, co fin de controlar as flutuacións do mercado do ouro e evitar grandes variacións no seu prezo.
Frases feitas
-
Poñer a andar. Rifarlle a alguén.
-
Poñer verde/a pan pedir/a feder/pingando. Criticar a alguén.
-
Poñer(se) a + inf. Facer que alguén realice a acción que indica o infinitivo. Ex: Nas vacacións púxoo a traballar de albanel.
-
Poñer(se) a + inf. Perífrase aspectual incoativa que indica o inicio da acción do infinitivo. Ex: Púxose a chover e non daba parado.
-
Poñerse ben. Recuperar a saúde.
-
Poñerse mal. Enfermar.
-
Poñerse/Estar/Quedar a mal. Romper a amizade con alguén. Ex: Puxéronse a mal con todos os veciños.
Indicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles poño
pos
pon
poñemos
poñedes
poñen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles poñía
poñías
poñía
poñiamos
poñiades
poñían
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles puxen
puxeches
puxo
puxemos
puxestes
puxeron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles puxera
puxeras
puxera
puxeramos
puxerades
puxeran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles poñerei
poñerás
poñerá
poñeremos
poñeredes
poñerán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles poñería
poñerías
poñería
poñeriamos
poñeriades
poñerían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles poña
poñas
poña
poñamos
poñades
poñan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles puxese
puxeses
puxese
puxesemos
puxesedes
puxesen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles puxer
puxeres
puxer
puxermos
puxerdes
puxeren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
pon
-
-
poñede
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles poñer
poñeres
poñer
poñermos
poñerdes
poñeren
posta
postos
postas