poñer

poñer

(< lat ponĕre)

  1. v t

    Facer que alguén ou algo estean no lugar que se indica.

    Ex: Pon as xoias no estoxo.

    Sinónimos: pór.
  2. v t

    Facer que algo ou alguén estea da maneira que se expresa.

    Ex: Con aquelas preguntas púxoo nun compromiso. Puxo a todos de xeonllos.

    Sinónimos: pór.
  3. v t

    Calzar ou vestir algo.

    Ex: Puxo unha chaqueta e uns zapatos novos.

    Sinónimos: pór.
  4. v t

    Dar certa cantidade de diñeiro ou doutra cousa material.

    Ex: Puxeron 20 euros cada un para comprar o regalo.

    Sinónimos: pór.
  5. v t

    Deixar algo ou a alguén de forma diferente a como estaba.

    Ex: O can púxolle a saia perdida.

    Sinónimos: pór.
  6. v t

    Estar escrito algo.

    Ex: A nota poñía que chegaría tarde.

    Sinónimos: pór.
  7. v t

    Escribir ou enviar unha mensaxe.

    Ex: Poralle un correo electrónico ao chegar.

    Sinónimos: pór.
  8. v t

    Chamar por primeira vez un nome.

    Ex: Púxolle Sabela.

    Sinónimos: pór.
  9. v t
    1. Instalar algo nun lugar.

      Ex: Puxéronlle calefación á casa.

      Sinónimos: pór.
    2. Instalar un negocio.

      Ex: Puxo unha libraría.

      Sinónimos: pór.
  10. v t

    Facer que un aparato comece a funcionar.

    Ex: Mándoulle que puxese a lavadora.

    Sinónimos: pór.
  11. v t

    Dispoñer ou preparar algo.

    Ex: Uns poñen a mesa e outros recóllena.

    Sinónimos: pór.
  12. v t

    Establecer ou fixar algo.

    Ex: Entre todos puxeron o día da excursión.

    Sinónimos: pór.
  13. v t

    Sementar algo.

    Ex: Na horta puxo cebolas e leitugas.

    Sinónimos: pór.
  14. v t

    Botar os ovos unha femia de animal ovíparo, especialmente as aves. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto.

    Ex: Hoxe só puxeron dúas galiñas.

    Sinónimos: pór.
  15. v pron

    Quedar nun estado diferente ao que estaba.

    Ex: Púxose moi triste cando recibiu a noticia.

  16. v pron

    Meterse un astro por detrás do horizonte.

  17. v pron

    Chegar a un lugar.

    Ex: Pola nova estrada ponse na casa en pouco tempo.

  18. v pron

    Pasar a ocupar un determinado sitio.

    Ex: Antes de que os mandasen puxéronse en ringleira.

  19. v pron

    Indicar ou reproducir o que alguén dixo.

    Ex: De súpeto pónseme: déixame en paz!, e marchou.

  20. Acordo, inicialmente subscrito en 1961 entre diversos países europeos e EE UU, co fin de controlar as flutuacións do mercado do ouro e evitar grandes variacións no seu prezo.

Frases feitas

  • Poñer a andar. Rifarlle a alguén.

  • Poñer verde/a pan pedir/a feder/pingando. Criticar a alguén.

  • Poñer(se) a + inf. Facer que alguén realice a acción que indica o infinitivo. Ex: Nas vacacións púxoo a traballar de albanel.

  • Poñer(se) a + inf. Perífrase aspectual incoativa que indica o inicio da acción do infinitivo. Ex: Púxose a chover e non daba parado.

  • Poñerse ben. Recuperar a saúde.

  • Poñerse mal. Enfermar.

  • Poñerse/Estar/Quedar a mal. Romper a amizade con alguén. Ex: Puxéronse a mal con todos os veciños.

Palabras veciñas

poñedoiro | poñedora | poñente | poñer | poñer | Ponferrada | Ponge, Francis
Conxugar
VERBO poñer
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
poño
pos
pon
poñemos
poñedes
poñen
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
poñía
poñías
poñía
poñiamos
poñiades
poñían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
puxen
puxeches
puxo
puxemos
puxestes
puxeron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
puxera
puxeras
puxera
puxeramos
puxerades
puxeran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
poñerei
poñerás
poñerá
poñeremos
poñeredes
poñerán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
poñería
poñerías
poñería
poñeriamos
poñeriades
poñerían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
poña
poñas
poña
poñamos
poñades
poñan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
puxese
puxeses
puxese
puxesemos
puxesedes
puxesen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
puxer
puxeres
puxer
puxermos
puxerdes
puxeren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
pon
-
-
poñede
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
poñer
poñeres
poñer
poñermos
poñerdes
poñeren
Xerundio poñendo
Participio posto
posta
postos
postas