xuntar

xuntar

(

  1. v t

    Poñer dúas cousas, persoas ou animais moi próximas formando parte dun mesmo grupo ou un todo único.

    Ex: Xuntaron todos os selos para completar a colección.

  2. v t

    Reunir un grupo de persoas ou animais nun lugar determinado

    Ex: Xuntaron os animais na corte.

  3. v t

    Sumar varias cousas para un determinado propósito.

    Ex: Xuntamos o diñeiro para facerlle un só regalo.

  4. v t

    Facer coincidir temporalmente varios acontecementos.

    Ex: Xuntamos todos os exames nunha semana.

  5. v pron

    Situarse moi próximas ou chegar a un mesmo lugar dúas cousas formando un todo único ou como parte dun todo maior.

    Ex: Os ríos da vila xúntanse no Limia.

  6. v pron

    Reunirse un grupo de persoas ou animais nun lugar determinado.

    Ex: Xuntáronse para falar do traballo.

  7. v pron

    ivir xuntas dúas persoas como parella sen formalizar legalmente a súa relación.

    Ex: Xuntáronse hai moitos anos.

  8. v pron

    Coincidir temporalmente varios acontecementos.

    Ex: Xuntóuselles todo o traballo.

  9. v pron

    Pasar a ser membro dun grupo.

    Ex: Xuntouse ao noso grupo.

Formas incorrectas

adxuntar
Conxugar
VERBO xuntar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
xunto
xuntas
xunta
xuntamos
xuntades
xuntan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
xuntaba
xuntabas
xuntaba
xuntabamos
xuntabades
xuntaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
xuntei
xuntaches
xuntou
xuntamos
xuntastes
xuntaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
xuntara
xuntaras
xuntara
xuntaramos
xuntarades
xuntaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
xuntarei
xuntarás
xuntará
xuntaremos
xuntaredes
xuntarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
xuntaría
xuntarías
xuntaría
xuntariamos
xuntariades
xuntarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
xunte
xuntes
xunte
xuntemos
xuntedes
xunten
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
xuntase
xuntases
xuntase
xuntasemos
xuntasedes
xuntasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
xuntar
xuntares
xuntar
xuntarmos
xuntardes
xuntaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
xunta
-
-
xuntade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
xuntar
xuntares
xuntar
xuntarmos
xuntardes
xuntaren
Xerundio xuntando
Participio xuntado
xuntada
xuntados
xuntadas