Xuntanza Nazionalista Galega da Habana

Xuntanza Nazionalista Galega da Habana

Organización constituída na Habana o 20 de xuño de 1920. A súa xunta directiva estaba integrada por Andrés Orjales, primeiro conselleiro, e Fuco Gómez, segundo viceconselleiro. Ideoloxicamente caracterizábase polo seu nacionalismo de carácter radical, que chegaba ao arredismo. O seu primeiro órgano xornalístico foi a publicación Nós e en 1921 editou o xornal Tierra Gallega baixo a dirección de Fuco.

Palabras veciñas

Xunta Suprema de Sanidade do Reino de Galicia | xuntanza | Xuntanza Editorial | Xuntanza Nazionalista Galega da Habana | xuntar | xunteira | xunto -ta