chegar

chegar

(

  1. v i

    Pasar a estar nun determinado lugar despois de percorrer unha distancia desde outro lugar. Na tradición oral recóllense ditos como: “Chegar e bicar, é moito alcanzar. Chegar e encher, non sempre pode ser. Logo chega á porta o que trae a mala nova. Non chega tarde quen o fin chega. O que sabe chegar e bicar, non se pode queixar. Quen antes chega está primeiro. Se non chega por santa Lucía, chega para outro día”. Ex: Chegaron de Lugo hai un pouco.

    Ex: Chegaron de Lugo hai un pouco.

  2. v i

    Acadar un determinado punto do espazo a través dun movemento ou dun desprazamento. Ex: A marea chega a estas rochas.

    Ex: A marea chega a estas rochas.

  3. v i

    Pasar a estar presente nun determinado tempo ou momento.

    Ex: Chegou a época de neve. Chegou o día do exame e aínda non o tiña ben preparado.

    Sinónimos: vir. Confrontacións: comezar, comezar.
  4. v i

    ivir unha persoa ou durar unha cousa certo tempo ou ata un momento determinado. Ex: Os dous chegaron a vellos. Os traxes do meu pai chegaron novos ata hoxe.

    Ex: Os dous chegaron a vellos. Os traxes do meu pai chegaron novos ata hoxe.

  5. v i

    Ter algunha cousa ou persoa o suficiente talle, altura ou tamaño para algunha cousa que se indica. Ex: A escada non chega para pintar a parte máis alta da fachada. Non chego para coller a froita da laranxeira.

    Ex: A escada non chega para pintar a parte máis alta da fachada. Non chego para coller a froita da laranxeira.

  6. v i

    Estar unha persoa ou unha cousa a certo nivel ou a determinada altura con respecto a outra. Ex: O meu irmán pequeno chégame á cintura. As mangas chéganlle ás puntas dos dedos.

    Ex: O meu irmán pequeno chégame á cintura. As mangas chéganlle ás puntas dos dedos.

  7. v i

    Conseguir alguén unha determinada posición ou obxectivo marcado. Ex: Ninguén se explica cómo chegou a catedrático.

    Ex: Ninguén se explica cómo chegou a catedrático.

  8. v i

    Acadar algunha cousa certa cantidade ou número. Ex: O prezo non chega ás dúas mil pesetas. Os operarios que secundaron o paro chegaron a cinco mil. O salto non chegou aos sete metros.

    Ex: O prezo non chega ás dúas mil pesetas. Os operarios que secundaron o paro chegaron a cinco mil. O salto non chegou aos sete metros.

  9. v i

    Ser suficiente para algunha cousa ou estar en número suficiente para algunha cousa.

    Ex: Os manifestantes que había chegaron para cortar o tráfico. A tea que compraches non chega para facer as cortinas.

    Sinónimos: abondar, bastar.
  10. v i

    Causar unha grande impresión no ánimo dunha persoa. Ex: O seu berro de dor chegoulle á alma.

    Ex: O seu berro de dor chegoulle á alma.

  11. v t

    Poñer algunha cousa xunto a outra ou achegala a alguén.

    Ex: Chega a moto aquí. Cheguei a roupa ó lume para que secase.

    Sinónimos: acercar, arrimar. Antónimos: afastar, apartar, arredar, separar.
  12. v pron

    Pórse a unha distancia menor dalgunha cousa ou de alguén.

    Ex: Chegueime á ventá porque ía moita calor.

  13. v pron

    Desprazarse a algún lugar determinado e próximo.

    Ex: Chégate ó supermercado e merca sal iodado.

  14. v pron

    Saír na busca de algúen que vén de camiño.

    Ex: Se tedes tanta présa chegámonos ata a estrada para que nos recollades.

Frases feitas

  • Chegar a Venezuela. Desaparecer para sempre.

  • 1 Chegar da campaña de pesca para vender o que se pescou.

  • 2 Chegar a punto para entrar nalgún lugar con pouco calado.

  • Chegar a + infinitivo. Perífrase verbal terminativa que indica que a acción que expresa o infinitivo se aproxima ao seu fin ou se acada. Ex: Chegou a meter cinco goles nun partido. Non cheguei a acabar a carreira.

  • Chegar a auga ao coiro/coma un pito. Mollarse moito.

  • Chegar a partir as peras. Pelexar ou enfrontarse.

  • Chegar a Venezuela. Desaparecer para sempre.

  • Chegar ao carreto/forro. Cansar.

  • Chegar ao risco. Chegar ao límite.

  • Chegar ás mans. Agredirse dúas ou máis persoas que estaban rifando.

  • Chegar batendo as tercianas. Estar moi delgado.

  • Chegar coa marea.

  • Chegar como a auga do trono. Chegar de forma inesperada.

  • Chegar como un lóstrego. Chegar con moita rapidez.

  • Chegar e apor/bicar/ encher/espetar. Indica que algunha cousa se consegue doadamente ou con rapidez.

  • Chegar na punta do tempo. Chegar un barco a porto xusto antes de que comece o mal tempo.

  • Chegar o burro ao pesebre. Ir gastando mentres se teña para vivir.

  • Chegar o mar en terra. Subir moito a marea.

  • Chegar o tempo de durmir fóra. Irse achegando a hora da morte.

  • Chegar os mares. Vir as ondas xuntas, entre tres e seis, dependendo do mal que estea o tempo.

  • Chegar para a ventá. Arribar a tempo de vender o peixe na lonxa.

  • Chegar tarde e mal a rastro/tarde, mal e a rastro/mal e nunca. Chegar a deshora.

  • Chegar(lle) a un animal a man. Mantelo ben.

  • Chegarlle a albarda adiante a alguén. Mallar nunha persoa.

  • Chegarlle a hora a alguén/a súa hora (derradeira)/a hora de pechar os ollos a alguén. Morrer.

  • Chegarlle o taco para o tacón. Gastar segundo o que unha persoa posúe.

  • Chegarse en terra. Achegarse unha embarcación a terra.

  • Non chegar a un dente. Aplícase a algo tan escaso que apenas chega para probalo.

  • Non chegarlle a alguén a camisa ao corpo. Aplícase á persoa que está intranquila e desasosegada.

Refráns

  • Ben a tempo acode o que a tempo foxe.
  • Vale máis chegar a tempo que roldar un ano / que ruar un ano.

Palabras veciñas

chef* | chegada | chegado -da | chegar | Cheilanthes | Cheilopogon | cheirar
Conxugar
VERBO chegar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chego
chegas
chega
chegamos
chegades
chegan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chegaba
chegabas
chegaba
chegabamos
chegabades
chegaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cheguei
chegaches
chegou
chegamos
chegastes
chegaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chegara
chegaras
chegara
chegaramos
chegarades
chegaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chegarei
chegarás
chegará
chegaremos
chegaredes
chegarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chegaría
chegarías
chegaría
chegariamos
chegariades
chegarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chegue
chegues
chegue
cheguemos
cheguedes
cheguen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chegase
chegases
chegase
chegasemos
chegasedes
chegasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chegar
chegares
chegar
chegarmos
chegardes
chegaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
chega
-
-
chegade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chegar
chegares
chegar
chegarmos
chegardes
chegaren
Xerundio chegando
Participio chegado
chegada
chegados
chegadas