Cheilanthes
Cheilanthes
(< gr χεῐλος ‘marxe, beizo’ + ἄνϴοσ ‘flor’)
[PLANTA]
Xénero de fentos perennes da familia das sinopteridáceas. Presentan un rizoma curto, frondes fasciculadas de pínnulas glabras, pecíolo de cor acastañada e soros sen indusio, na marxe das frondes. En Galicia están presentes as especies C. hispanica e C. tinaei en valados e fendas, ademais de C. acrostica e C. guanchica, en fendas de rochas calcarias.