chegado -da
chegado -da
(< chegar)
-
p reg
de chegar ou chegarse.
-
adx
Aplícase ao froito que xa acadou a cor e o sabor que o caracterizan e que está apto para a súa recolección.
Ex: As castañas xa están chegadas.
Antónimos: verde. -
adx
Que está a unha distancia próxima.
Ex: Coloca a cadeira chegada á mesa.
Frases feitas
-
Estar chegada. Estar un animal vivíparo femia en avanzado proceso de xestación.