chegado -da

chegado -da

(< chegar)

  1. p reg

    de chegar ou chegarse.

  2. adx

    Aplícase ao froito que xa acadou a cor e o sabor que o caracterizan e que está apto para a súa recolección.

    Ex: As castañas xa están chegadas.

    Antónimos: verde.
  3. adx

    Que está a unha distancia próxima.

    Ex: Coloca a cadeira chegada á mesa.

Frases feitas

  • Estar chegada. Estar un animal vivíparo femia en avanzado proceso de xestación.

Palabras veciñas

Chef Rivera | chef* | chegada | chegado -da | chegar | Cheilanthes | Cheilopogon