cheirar
(< lat v *flagrāre
-
v t
Aspirar o aire polo nariz para sentir o cheiro dalgunha ou de alguén.
Ex: Despois de cheirar a roupa boteina toda a lavar.
Sinónimos: ulir. -
v i
Desprender cheiro algunha cousa ou alguén. OBS: O significado deste verbo pode depender do adverbio, ben ou mal, que o acompañe. Cando non vai acompañado de adverbio equivale, nalgunhas zonas de Galicia, a ‘cheirar mal’. Na tradición oral recóllense ditos como: “Máis vale cheirar de vivo a merda, que de morto a incenso e cera”.
Ex: Abre a xanela porque aínda cheira a verniz.
Sinónimos: ulir. Confrontacións: recender. -
v i
Sospeitar algo que se produce de forma oculta. Ex: A historia que contou cheira a mentira.
Ex: A historia que contou cheira a mentira.
-
v i
Provocar sospeitas. Ex: O negocio que che propuxo non me cheira nada ben.
Ex: O negocio que che propuxo non me cheira nada ben.
-
v i
Andar investigando algunha cousa que non lle atinxe á persoa que o fai. Ex: Sempre anda cheirando na vida dos demais.
Ex: Sempre anda cheirando na vida dos demais.
-
v i
Enfastiar algo por ser repetitivo.
Ex: Está sempre berrando e xa me cheira.
Sinónimos: causar, encher, fartar.
Frases feitas
-
A pouco que se achegue cheira a peixe. Aplícase cando se lle ven as intencións a unha persoa.
-
Cheirar a can. Resultar sospeitosa algunha cousa ou algún asunto.
-
Cheirar á vurrualla/ó purriasco. Aplícase ao que ten un cheiro desagradable e intenso.
-
Cheirar ao cobre. Ser moi caro.
-
Cheirar mal/cheirar a (ó) chamusco. Resultar sospeitoso.
-
Cheirar o alento. Ser algo moi caro.
-
Nin cheira nin fede. Nin unha cousa nin outra.
-
Nin cheiralo. Nada de nada.
-
Todo che/lle cheira, nada che/lle ole. Aplícase a quen adoita protestar por todo.
Palabras veciñas
chegar | Cheilanthes | Cheilopogon | cheirar | cheirento -ta | cheiro | cheirón -naIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles cheiro
cheiras
cheira
cheiramos
cheirades
cheiran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles cheiraba
cheirabas
cheiraba
cheirabamos
cheirabades
cheiraban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles cheirei
cheiraches
cheirou
cheiramos
cheirastes
cheiraron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles cheirara
cheiraras
cheirara
cheiraramos
cheirarades
cheiraran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles cheirarei
cheirarás
cheirará
cheiraremos
cheiraredes
cheirarán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles cheiraría
cheirarías
cheiraría
cheirariamos
cheirariades
cheirarían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles cheire
cheires
cheire
cheiremos
cheiredes
cheiren
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles cheirase
cheirases
cheirase
cheirasemos
cheirasedes
cheirasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles cheirar
cheirares
cheirar
cheirarmos
cheirardes
cheiraren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
cheira
-
-
cheirade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles cheirar
cheirares
cheirar
cheirarmos
cheirardes
cheiraren
cheirada
cheirados
cheiradas