vir

vir

(

  1. v i

    Trasladarse cara ao lugar onde está a persoa que fala.

    Ex: Vés en coche ou en autobús?

  2. v i

    Trasladarse ao lugar que se dirixe alguén acompañándoo.

    Ex: Vés con nós á festa?

  3. v i

    Ocorrer algo a alguén.

    Ex: Veulle a gripe.

  4. v i

    Proceder ou ter a orixe en algo ou alguén.

    Ex: As linguas románicas veñen do latín.

  5. v i

    Producirse un sentimento, unha idea ou calquera outro fenómeno nunha persoa

    Ex: Veume á cabeza o día do teu aniversario.

  6. v i

    Acontecer algo nun determinado momento.

    Ex: A semana que vén imos ao cine.

  7. v i

    Ir ou estar unha cousa acompañada doutra.

    Ex: As instrucións veñen por detrás.

  8. v pron

    Trasladarse alguén ata o sitio onde está a persoa que fala.

    Ex: Vinme da festa porque estaba canso.

Frases feitas

  • 2 Maneira de acomodar unha cousa noutra ou de sentar a unha persoa.

  • Vir (a) + infinitivo. Perífrase que indica aproximación.

  • Vir + xerundio 1 Perífrase que indica o desenvolvemento gradual dun proceso que se está realizando pero que comezou con anterioridade.

  • Vir ben/mal 1 Ter un efecto positivo ou negativo.

  • Vir de + infinitivo. Perífrase que indica que unha acción xa concluíu no momento en que se sitúa o falante.

  • 2 Perífrase que indica un achegamento e que, nalgúns casos, pode indicar totalmente o significado do verbo que vai en xerundio.

Conxugar
VERBO vir
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
veño
vés
vén
vimos
vindes/vides
veñen
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
viña
viñas
viña
viñamos
viñades
viñan
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
vin
viñeches
veu
viñemos
viñestes
viñeron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
viñera
viñeras
viñera
viñeramos
viñerades
viñeran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
virei
virás
virá
viremos
viredes
virán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
viría
virías
viría
viriamos
viriades
virían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
veña
veñas
veña
veñamos
veñades
veñan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
viñese
viñeses
viñese
viñesemos
viñesedes
viñesen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
viñer
viñeres
viñer
viñermos
viñerdes
viñeren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
ven
-
-
vinde
ou
vide
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
vir
vires
vir
virmos
virdes
viren
Xerundio vindo
Participio vindo/vido
vinda/vida
vindos/vidos
vindas/vidas