viquingo

viquingo

(< ingl viking)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo viquingo.

  2. s [ETN/HIST]

    Individuo do pobo viquingo.

  3. s m pl [ETN/HIST]

    Pobo de guerreiros, navegantes e comerciantes escandinavos que no s VIII atacaron as zonas de paso de Europa Occidental. Os xefes das súas expedicións eran elixidos democraticamente e os seus barcos tiñan como característica a vela cadrada. Os daneses foron os primeiros que estableceron un estado de organización rudimentaria. Atacaron Dorset (789), Lindisfarne (793) ou Man (798), en Inglaterra, e Dublín (795) e mesmo chegaron ao interior de Irlanda. Mentres se establecían en Inglaterra, durante o s IX, tamén entraron en Francia a través dos ríos Sena e Loira, e despois a través do Elba e do Garonne. Chegaron á costa de Marrocos e alcanzaron o Mediterráneo. No s X foron expulsados de Irlanda e Inglaterra e asentáronse en Sicilia e Normandie, onde se instalaron, de aí que se coñezan co nome de normandos.