arrecife
(< ár ar-rasīf ‘a calzada’)
-
s
m
Conxunto de materiais como pedras ou sedimentos finos en ambientes mariños, dispostos a rentes da auga ou moi preto da superficie, que supoñen un risco para a navegación.
Sinónimos: escollo, baixío. Confrontacións: farallón. -
arrecife coralino
[BIOL/XEOG]
Formación calcaria, viva ou fósil, orixinada fundamentalmente polos corpos de organismos sedentarios como corais hermatípicos, escleractinias e algas coralinas. Estes ecosistemas mariños de alta produtividade e biodiversidade son propios de mares tropicais pouco fondos, xa que requiren luz para as zooxantelas que viven asociadas nos tecidos dos corais, entre os 30° norte e 30° sur de latitude, a pouca profundidade. Tardan en formarse miles de anos e sofren un importante deterioro tanto polos cambios de temperatura das augas mariñas como por fertilizantes e pesticidas que chegan a eles dende os continentes.
Sinónimos: biohermio, biostromo. Confrontacións: atol. -
arrecife de barreira
[BIOL/XEOG]
Arrecife coralino disposto de forma paralela á costa, illando un lagoon ancho e fondo entre eles e a costa.
-
arrecife de franxa
[BIOL/XEOG]
Arrecife coralino disposto de forma paralela á costa sen lagoon ou cun lagoon pequeno e estreito.