escollo

escollo

(< ital scoglio)

  1. s m [XEOG]

    Fondo rochoso do litoral, saínte ou pouco mergullado que dificulta a navegación. Pódense formar pola erosión que produce a auga nas penedías illadas ou pola acumulación de corais ou algas coralinas que están sometidos a determinadas condicións ecolóxicas, como temperaturas superiores aos 18°C, profundidade menor de 25 m, augas ricas en osíxeno e con forte salinidade ou boa iluminación. Os escollos coralinos son: o escollo de franxa, que se forma na plataforma litoral e está unido á costa, e o escollo barreira, que está máis separado da costa e está composto por atois ou por outros escollos desprendidos do escollo de franxa.

  2. s m

    Obstáculo ou dificultade que implica unha cousa, especialmente se supón un perigo.

    Ex: O equipo superou o primeiro escollo para clasificarse.

Palabras veciñas

escolleito -ta | escoller | escollido -da | escollo | escolma | Escolma | escolmar