Escolma
Escolma
[PUBLIC]
Revista mensual aparecida en Caracas en 1985 e dirixida por Enrique Aguilar. Tirouna do prelo Ediciones Numintor nos obradoiros tipográficos da Litografía del Pozo. Cos seus contidos tenta achegar a realidade de Galicia aos emigrantes de América, a través de entrevistas, reproducións de noticias doutros xornais e seccións como “Cousas Galegas” ou “Que hai de novo en Galicia”.