escolopácido -da
escolopácido -da
(< lat científico Scolopax)
-
adx
Relativo ou pertencente aos escolopácidos.
-
s
m
[ANIMAL/ORNIT]
Ave da familia dos escolopácidos.
-
s
m pl
[ANIMAL/ORNIT]
Familia de aves limícolas, da orde dos caradriformes, de pescozo e patas moi longas, ás normalmente rematadas en punta, e peteiro fino e longo. Presentan distintas plumaxes na época de reprodución e nos primeiros meses de vida. Algunhas especies pasan o inverno ao S da área xeográfica de cría, onde se poden concentrar en grandes bandos. Adoitan aniñar no chan. Os representantes desta familia reciben as denominacións populares de: arceas, becacinas, biluricos, combatentes, falaropos, mazaricos e pilros.