"Red" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 824.

  • PERSOEIRO

    Químico inglés. Descubriu o procedemento de estabilización da nitrocelulosa e inventou con J. Dewar a cordita, pólvora sen fume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode acreditar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de acreditar.

    2. Diplomático que representa a un estado perante o goberno dun país estranxeiro, despois de ser recoñecido polos poderes públicos do país en cuestión.

    3. Que ten creto ou sona recoñecida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Demostrar ou asegurar a veracidade ou autenticidade dunha cousa. Facer digna de crédito unha cousa ou unha persoa.

    2. Prover a unha persoa dos documentos necesarios, que demostran a súa autenticidade, para desempeñar unha misión diplomática, nun país estranxeiro.

    3. Designar e autorizar a unha persoa para representar, como embaixador ou axente diplomático, a un estado diante doutro, ou ben diante dun organismo internacional.

    4. Gañar creto ou sona unha persoa ou cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que acredita ou serve para acreditar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa coa cal se contrae unha débeda.

    2. Que merece algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psiquiatra austríaco, fundador da escola de psicoloxía individual. En 1895 graduouse en Medicina en Viena. A partir do 1900 comezou a interesarse pola obra de Freud, do que chegou a ser discípulo e colaborador. En 1911 separouse das súas teses, reducindo o papel do impulso sexual na formación do carácter, e organizou a Verein für freie psychoanalystiche Forschung (Sociedade para a libre busca psicoanalítica). Unha das súas obras fundamentais é Praxis und Theorie der Individualpsychologie (Teoría e práctica da psicoloxía individual, 1918). No 1935 instalouse nos EE UU. Segundo Adler, o sentimento primario é o sentimento de inferioridade; neste sentido, sostén que a neurose se forma a partir do conflito entre a situación real do individuo e as propias aspiracións, que determinan o complexo de inferioridade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • De xeito intencionado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia de Soria, Castela e León, ao pé da serra do Moncayo e regado polo río Queiles (3.521 h [1996]). Dende o punto de vista arquitectónico salientan as igrexas de Nuestra Señora de la Peña (s XII), de San Miguel (s XV), de Nuestra Señora de los Milagros (s XV), así como as súas murallas medievais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor da escola aragonesa. Coñécese por unha das súas obras, o retablo de San Miguel de Ágreda (1519), de estilo tosco e expresivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Abadesa do mosteiro franciscano de Ágreda. Procesada pola Inquisición, saíu absolta das acusacións. Foi conselleira do Rei Filipe IV. Escribiu obras ascéticas e místicas, destacando La mística ciudad de Dios (1670), publicada postumamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado asinado o 27 de setembro de 1162, á morte de Ramón Berenguer IV, entre Fernando II de León e o Rei de Aragón Afonso I, aínda neno, representado polos seus conselleiros. Fernando comprometeuse a defender a Afonso e a casar a súa irmá Sancha con el.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado asinado en Campilla e en Ágreda o 27 e o 28 de marzo de 1281 entre Pedro II de Aragón, Afonso X de Castela e o seu fillo Sancho. A cambio do recoñecemento deste último como herdeiro de Castela, Pedro obtivo diversas vilas. No tratado tamén se acordou a conquista e repartición de Navarra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cometer unha agresión sobre alguén ou algo, con intención de matar, ferir ou facer mal.

    2. Molestar intensamente ou causar unha impresión moi negativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo e educador cubano de orixe portorriqueña. Fundou un laboratorio de investigación pedagóxica para o estudo da infancia. Dirixiu as revistas cubanas Revista de educación e Revista de instrución pública, e publicou numerosas obras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona (2.090 h [1996]). Industria téxtil e de mobles. Lugar residencial e de veraneo. A capital aséntase no cauce natural do arroio Congost.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador, bibliotecario e cardeal. Estudiou en Montserrat, licenciouse en teoloxía en Roma, onde estudiou paleografía. Nomeado arquiveiro do mosteiro de Montserrat, fundou as dúas coleccións de documentos e estudios Analecta Montserratensia (1917) e Catalonia Monastica (1926), editando ademais unha Historia de Montserrat e outros estudios básicos para a historia crítica do mosteiro catalán, que lle serviron para o nomeamento da Xefatura da Biblioteca Vaticana (1936). Durante a Segunda Guerra Mundial salvou da destrución diversas bibliotecas, entre elas a de Montecasino. Foi Doutor Honoris Causa pola Universidade de Friburgo, de Brisgovia e de dúas universidades dos EE UU. Foi abade titular de Ripoll. Xoán XXIII nomeouno Cardeal (1962) e Arcebispo titular de Gisaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe orixinaria de Corna, no concello de Piñor, comarca do Carballiño. As súas armas levan, en campo de sinople, un castelo de ouro cun río ao seu pé e, á porta do castelo, un home armado, de prata, cunha espada na man.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro sueco. Emigrou aos EE UU en 1901. Inventou alternadores de alta frecuencia para as comunicacións transoceánicas e foi (1930) un dos pioneiros da televisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de Cantabria, nas denominadas Asturias de Santillana (2.646 h [1996]). Gandería bovina con orientación láctea.

    VER O DETALLE DO TERMO