Adler, Alfred

Adler, Alfred

Psiquiatra austríaco, fundador da escola de psicoloxía individual. En 1895 graduouse en Medicina en Viena. A partir do 1900 comezou a interesarse pola obra de Freud, do que chegou a ser discípulo e colaborador. En 1911 separouse das súas teses, reducindo o papel do impulso sexual na formación do carácter, e organizou a Verein für freie psychoanalystiche Forschung (Sociedade para a libre busca psicoanalítica). Unha das súas obras fundamentais é Praxis und Theorie der Individualpsychologie (Teoría e práctica da psicoloxía individual, 1918). No 1935 instalouse nos EE UU. Segundo Adler, o sentimento primario é o sentimento de inferioridade; neste sentido, sostén que a neurose se forma a partir do conflito entre a situación real do individuo e as propias aspiracións, que determinan o complexo de inferioridade.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Viena

  • Deceso

    Lugar : Aberdeen