"Reich" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 21.

  • PERSOEIRO

    Etnólogo. Nas súas expedicións estudiou os indios de América do Sur, especialmente os pobos do Brasil. Entre as súas obras destacan Beiträge zur Völkerkunde Brasiliens (Contribucións á etnoloxía do Brasil, 1891) e Antropologische Studien über die Urbewohner Brasiliens (Estudios antropolóxicos sobre os aborixes do Brasil, 1897).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade hereditaria que comeza xeralmente na infancia ou na xuventude con esclerose dos cordóns laterais e dorsais da medula. Describiuna o médico alemán Nikolaus Friedreich (Würzburg 1826 - Heidelberg 1882). Tamén se coñece como ataxia de Friedreich.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución científica fundada en 1847 en Viena polo emperador Fernando I, que xa fora proxectada en 1676 por Leibniz. Ten 113 membros e consta de dúas seccións, unha de ciencias matemáticas e naturais e outra de historia e filosofía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Biblioteca fundada en Viena en 1526 por Fernando I. Instalada desde 1623 no antigo palacio imperial, en 1727 pasou a ocupar o edificio de estilo barroco construído por J. B. e J. E. Fischer von Erlach. Foi sucesivamente enriquecida por bibliotecas como a da familia Fugger (1656) e a do príncipe Uxío (1737), e tamén polas achegas obtidas pola secularización de bibliotecas eclesiásticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo alemán (reino) que se emprega para designar os períodos en que o estado alemán, rexido por un kaiser ou un führer, se organizou en forma de imperio e levou ou intentou levar a cabo unha política de expansión imperialista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sacro Imperio Romano-Xermánico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Imperio que coroou a reunificación de Alemaña (1871-1918). Obra de Otto von Bismarck, englobaba 25 estados e o territorio de Alsacia e Lorena; organizouse federativamente e outorgou unha gran preeminencia ao rei de Prusia, investido co título de kaiser.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Último imperio alemán (1933-1945), que se identifica co nazismo. A designación de Hitler como chanceler o 30 de xaneiro de 1933 significou a transformación do estado de acordo coas doutrinas do nazismo; entre outras, a fin do parlamentarismo, a suspensión de garantías, a atribución ao poder executivo de facultades ilimitadas e a conversión do Partido Nazi en partido único. O novo estado estivo dotado dun poderoso exército e lanzouse á conquista de materias primas e de mercados, o que levou ao estoupido da Segunda Guerra Mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psicanalista austríaco. Estableceu unha relación entre o pensamento psicanalista e o marxismo, que reflectiu en Dialektyscher Materialismus und Psychoanalyse (1934). Na súa teoría do carácter, Charakteranalyse (1933), destacou a función represiva e autoritaria da sociedade obtida coa represión sexual. Escribiu tamén Die Funktion des Orgasmus (A función do orgasmo, 1927), Die Massenpsychologie des Faschismus (Psicoloxía de masas do fascismo, 1933) e Die Sexuelle Revolution (A revolución sexual, 1936-1945).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas, da familia das asteráceas, que se caracterizan por ter follas enteiras e pinnatisectas. Son herbas anuais ou perennes, teñen o capítulo con lígulas amarelas e o froito en aquenio. En Galicia localízase a especie R. gaditana, que florece entre abril e agosto en areais que non estean moi alterados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor alemán. A súa amizade con Paul Klee influíu na súa obra, visionaria e poética. Relacionouse tamén con Rilke e Kandinskij. En 1928 estableceuse en París e cultivou sobre todo a acuarela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar alemán. Capitán da cabalaría durante a Primeira Guerra Mundial, favoreceu o ascenso de Hitler e destacou durante a Segunda Guerra Mundial nas campañas de Polonia e Francia. Ascendido a mariscal en 1940, substituíu a Von Rundstedt no mando do exército do sur na fronte do Leste.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e matemático alemán. Foi un destacado representante do Grupo de Berlín, neopositivista e vinculado ao Círculo de Viena. Desde 1930 dirixiu, con R. Carnap, a revista Erkenntnis. Foi autor de Relativitätstheorie und Erkenntnis a priori (Teoría da relatividade e coñecemento a priori, 1920), Atom und Kosmos (Átomo e cosmos, 1930), Wahrscheinlichkeitslehre (Teoría da probabilidade, 1935), Experience and Predition (1938), Elements of Symbolic Logic (1947) e The Rise of Scientific Philosophy (1951).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Romanista. Foi profesor de filoloxía románica e balcanoloxía, e director do Instituto de Balcanoloxía da Universidade Libre de Berlín. Tratou temas do substrato en Das Dackische rekonstruiert aus dem Rumänischen (1966) e estudou os estadios máis antigos das linguas románicas en Historische Latein-altromanische Grammatik (1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Número que indica os milímetros de álcali 0,1 normal que neutralizan os ácidos graxos volátiles e solubles en auga (butírico, caproico) de 5 g de graxa. É importante na análise da manteiga e dos seus sucedáneos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parlamento do Imperio Austrohúngaro entre 1867 e 1918.

    2. Órgano representativo dos länder ou estados durante a República de Weimar en Alemaña entre 1919 e 1933.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Bohemia, República Checa, situada ao L de Ustí nad Labem. Alí tivo lugar un acordo en 1876 entre o Tsar Alexandre II de Rusia e Francisco Xosé I de Austria, polo que este decidiu manterse neutral na Guerra Ruso-turca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que sucesivamente foi aplicado á dieta do Sacro Imperio Romano-Xermánico, á asemblea lexislativa do Segundo Reich (1871-1918), á cámara lexislativa da República de Weimar (1919-1933) e ao órgano do Terceiro Reich (1933-1945); este último tiña como única misión ratificar a política hitleriana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico polaco. Estudou medicina na Universität Zürich, onde foi profesor, ao igual que na Universität Basel. Naturalizado suízo, realizou numerosas investigacións, como as dos compostos heterocíclicos, a vitamina C, as hormonas, a adrenalina ou o ácido pantoténico. En 1950 recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina polos seus descubrimentos sobre as hormonas da codia adrenal, a súa estrutura e os seus efectos biolóxicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antropólogo alemán. Estudou os homínidos primitivos como o pitecántropo ou o sinántropo.

    VER O DETALLE DO TERMO