"Reis" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 38.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carácter das rexións que non posúen rede hidrográfica organizada debido á práctica inexistencia de precipitacións.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Caldas de Reis baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca de Caldas, situado na provincia de Pontevedra no O da comunidade autónoma, a 42° 36’ de latitude N e 8° 38’ 30’’ de lonxitude O. Limita ao N co concello de Valga, ao L cos de Moraña e Cuntis, ao S cos de Portas (todos eles da comarca de Caldas) e Vilanova de Arousa (O Salnés) e ao O cos de Catoira e Vilagarcía de Arousa, (O Salnés). Abrangue unha superficie de 68,2 km 2 cunha poboación de 9.796 h (2007), distribuídos nas parroquias de Arcos da Condesa, Bemil, Caldas de Reis (San Tomé e Santa María, e Santa María) Carracedo, Godos, Saiar, San Clemente de Cesar e Santo André de Cesar . capital é a vila de Caldas de Reis, na parroquia de San Tomé e Santa María de Caldas de Reis. Dista 38 km de Santiago de Compostela e 21 km de Pontevedra. Cabeza da comarca e de partido xudicial, está adscrito á arquidiocese de Santiago. A parroquia de Arcos da Condesa constitúe unha entidade local menor.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O territorio municipal de Caldas... -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Caldas de Reis baixo a advocación de san Tomé e santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Caldas de Reis. Datada na segunda metade do s XII, ten unha soa nave e unha ábsida rectangular. O arco triunfal é semicircular e apóiase sobre semicolumnas acaroadas. A porta principal está formada por arquivoltas semicirculares que se sustentan sobre columnas acobadadas, o tímpano está decorado polo Agnus Dei. Presenta un conxunto de canzorros románicos. No atrio consérvanse o coroamento do antigo baldaquino pétreo de finais do s XV, realizado en estilo oxival e que consta de tres arcos conopiais xunto a outros lobulados. En 1974 atopouse no atrio unha fábrica de ladrillos e tégulas da época romana.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de 36 pezas de ouro atopadas casualmente en 1940 nas Silgadas (Caldas de Reis). Destacan especialmente cinco pezas: tres cuncas, unha xerra e un peite. As tres cuncas presentan unha forma globular hemisférica, mais só unha ten unha decoración incisa en bandas de liñas e triángulos similar ás que presenta a xerra. O peite tamén presenta unha coidada decoración, o que leva a pensar que se trata máis dun obxecto de adorno ca de uso. Aínda que non é posible datar o conxunto de xeito absoluto, cronoculturalmente pode pertencer a un momento do Bronce Inicial ou Bronce Medio. Consérvase no Museo Provincial de Pontevedra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carácter das rexións onde a rede hidrográfica é case exclusivamente subterránea.
-
PERSOEIRO
Escritor estadounidense. Representante do naturalismo norteamericano, a súa primeira novela Sister Carrie (Irmá Carrie, 1900) causou un grande escándalo pola súa crueza. Co personaxe de Frank Cowperword emprendeu unha ambiciosa pintura do capitalismo norteamericano ao longo de diversas novelas. Da súa produción destacan The Genius (O xenio, 1915) e An America Tragedy (A traxedia de América, 1935). En 1982 a Universidade de Pennsilvania publicou os seus American Diaries (Diarios americanos).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de bivalvos ao que pertence o mexillón cebra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno polo que a rede hidrográfica dunha rexión non desemboca ao nivel da base xeral oceánica. As augas superficiais desaugan nos sectores máis deprimidos e forman lagos e pantanos de diferente extensión. Débese fundamentalmente á aridez climática (carencia de precipitacións e forte evaporación), pero pódese formar tamén polo relevo (cubetas pechadas) e pola natureza do terreo (infiltracións ou impermeabilidade). As rexións endorreicas son case sempre lugares cun índice de pluviosidade moi baixo, sen alcanzar, non obstante, as características das zonas desérticas, totalmente desprovistas dunha conca hidrográfica. Entre as principais áreas endorreicas destacan as da cubeta iraniana e a de Uighur Zizhiqu do Mar Caspio, do mar de Aral, do lago Balkhas e do Mar Morto no continente asiático; as do lago Txad, do lago Rodolfo, e as rexións de pantanos de Okavango, no continente africano; as grandes concas pechadas norteamericanas de Nevada e Utah, no continente americano; a conca superior do...
-
-
Doutrina filosófica elaborada por Epicuro que sostiña que o fin último da vida era alcanzar a felicidade a través do pracer.
-
Calidade de epicúreo.
-
Actitude de quen busca exclusivamente o pracer.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carácter das rexións que teñen drenaxe normal, é dicir, as concas hidrográficas diríxense cara ao mar ou ao oceáno. OBS: Oponse ao termo endorreísmo; a grafía <x> representa o son [ks].
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rocha metamórfica que procede da metamorfización ácida do granito.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hospital Real de Santiago de Compostela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Viena 1911 - 1990) Político austríaco. De orixe xudía e militante socialdemócrata, ao rematar a Segunda Guerra Mundial foi nomeado ministro de Asuntos Exteriores (1959-1966) e chanceler entre 1970 e 1983, data na que dimitiu. Fixo unha política interior reformista e unha exterior de neutralidade activa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de poliquetos, da familia dos nereidos, que poden chegar aos 50 cm, con prostomio groso, unha parella de mandíbulas moi potentes, dúas antenas e dúas parellas de ollos. Habita en augas pouco profundas, e é común nas costas catalás.
-
PERSOEIRO
Frade e historiador xermánico, neto do Emperador Enrique IV. Foi abade do mosteiro de Morimond e bispo de Freising. Asistiu á segunda cruzada e foi conselleiro político de Federico I Barbarrubia. Escribiu Gesta Friderici imperatoris.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello da Pobra de Trives baixo a advocación de santo Antonio.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Poeta e narrador portugués. Coñecido como José Régio, foi un dos fundadores da revista Presença. A súa poesía, como As encruzilhadas de Deus (1936), O filho do Homem (1961) e Música Breve (1970), achégase á temática de Kierkegaard. Autor da novela Jogo da cabra cega (1934), obra capital da narrativa portuguesa contemporánea, posteriormente publicou a suma novelesca A velha casa (1945-1966).
VER O DETALLE DO TERMO