"Reval" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 21.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Ávila, Castela e León, na confluencia do Adaja e do Arevalillo (7.375 h [1991]). Importante núcleo da arquitectura mudéxar, conta coa torre da Igrexa románica de San Martín, a ponte, os restos do Castelo (s XV), a Igrexa de Santa María e a Igrexa de La Lugareja (s XII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Segunda fase da cultura de Kaminaljuyú (Guatemala), pertencente ás culturas arcaicas da América Central, e datada ao redor do ano 1200 a C. Semella que as súas plataformas e pirámides de pedra foron o antecedente da arquitectura monumental das grandes civilizacións americanas precolombianas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e novelista guatemalteco. Deuse a coñecer polas súas compilacións poéticas, adscritas ao Modernismo; emporiso, a súa obra máis destacable son os seus relatos ‘psicozoolóxicos’, influídos polo Surrealismo, como El trovador colombiano (1914). Tamén escribiu novelas de intención política como La oficina de Paz de Orolandia (1925) e El mundo de los Maharachias (1938).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Oficial da Mariña e xornalista. Foi colaborador en El Correo Gallego (Ferrol) e publicou unha colección de contos coñecida como Ocios de Camarote (1888).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e xornalista. Colaborou na prensa local ferrolá (El Correo Gallego e Diario Ferrolano) e americana; así mesmo, foi fundador dos semanarios ferroláns El Merlo e Ferrol Grotesco. En castelán escribiu as novelas Sorpresa amorosa (1902), Misterios del lupanar (1906) e El santiño (1911). Como dramaturgo escribiu a peza titulada Un viaje por Ferrol (1901) e propuxo unha renovación da escena na obra titulada El Hombre-Galicia. Poesía. Música. Pintura. Cantos. Declamación. Arte de nuestra Tierra (1912). Dentro da poesía destaca o seu poema en galego titulado “A carta do quintorro”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sindicalista de orixe galega que participou activamente no obreirismo cubano, como dirixente da Federación Obrera Marítima Nacional, durante o período comprendido entre as dúas guerras mundiais. De ideario socialista moderado, fundou na Habana en 1923 o xornal Acción Socialista, dende onde combateu o influxo comunista e anarcosindicalista nos sindicatos, defendendo a efectividade dos organismos de conciliación e arbitraxe. En 1927 liderou a Federación Cubana del Trabajo, na liña da American Federation of Labour de Samuel Gompers, e afiliouna á Federación Sindical Internacional con sede en Amsterdam, de carácter reformista. Representando a devandita central sindical, viaxou en diversas ocasións a Xenebra para asistir como delegado ás conferencias promovidas pola Organización Internacional del Trabajo (OIT). Ademais de varios folletos sobre a problemática sindical cubana, publicou Por tierras de Galicia (A Habana, 1929) e Viajando; Impresiones de España y de Galicia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político guatemalteco. Primeiro Presidente do seu país (1945-1950) durante o período revolucionario instaurado á caída do ditador J. Ubico (1944). Introduciu reformas democráticas e practicou unha política anticolonialista. Deixou un código penal e un proxecto de reforma agraria que o seu sucesor, Arbenz, levaría a cabo a partir de 1951. Autor, entre outras obras, de Guatemala: la democracia y el imperio (1954) e Anticomunismo en América Latina (1963).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Membro da Democracia Cristiana Guatemalteca (DCG), foi presidente de Guatemala entre 1986 e 1991. Iniciou conversas coa guerrilla, pero, ante a presión da extrema dereita e do exército, acabou por impoñer unha política represiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Levar algo á vitoria entre diferentes cousas concorrentes en competencia.

    2. Destacar ou preponderar unha cousa sobre outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de prevalecer.

    2. Principio constitucional que comporta a preferencia de aplicación das normas de estado sobre as das comunidades autónomas, en caso de conflito, nas materias que non seguen a súa exclusiva competencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome alemán da cidade de Tallinn.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Director de produción de Tele 5. Licenciado en Ciencias da Información, completou a súa formación con estudos de xestión de empresas radiofónicas, xornalismo electrónico e produción de video e televisión. Comezou en Radio Lugo (SER) para logo pasar á CRTVG, onde ocupou diversos cargos, e a RNE, onde foi delegado territorial en Galicia. Subdirector de produción en Tele 5 (1992), traballou sucesivamente en Sogecable e Antena 3 TV (2001) para logo voltar a Tele 5 (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. revalidación.

    2. Exame que se fai ao rematar algúns estudos para ratificar a súa validez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • revalidable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode revalidar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de revalidar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ratificar ou confirmar a validez de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de revalorizar ou revalorizarse.

    2. Medida de política monetaria que consiste no aumento do valor dunha unidade monetaria respecto á doutros estados. A modificación da paridade dunha moeda neste sentido, medida que raramente se pon en práctica, é consecuencia dunha situación de superávit crecido e permanente da balanza de pagamentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Devolver o antigo valor a algo.

    2. Incrementar o valor de algo.

    3. Aumentar o valor de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de sobrevalorar ou sobrevalorarse.

    VER O DETALLE DO TERMO