Arévalo Vieytes, Xoán

Arévalo Vieytes, Xoán

Sindicalista de orixe galega que participou activamente no obreirismo cubano, como dirixente da Federación Obrera Marítima Nacional, durante o período comprendido entre as dúas guerras mundiais. De ideario socialista moderado, fundou na Habana en 1923 o xornal Acción Socialista, dende onde combateu o influxo comunista e anarcosindicalista nos sindicatos, defendendo a efectividade dos organismos de conciliación e arbitraxe. En 1927 liderou a Federación Cubana del Trabajo, na liña da American Federation of Labour de Samuel Gompers, e afiliouna á Federación Sindical Internacional con sede en Amsterdam, de carácter reformista. Representando a devandita central sindical, viaxou en diversas ocasións a Xenebra para asistir como delegado ás conferencias promovidas pola Organización Internacional del Trabajo (OIT). Ademais de varios folletos sobre a problemática sindical cubana, publicou Por tierras de Galicia (A Habana, 1929) e Viajando; Impresiones de España y de Galicia (A Habana, 1932), como lembranza das viaxes á súa terra natal.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Mera

  • Deceso

    Lugar : A Habana