"Reveriano" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que provén do latín reverianus ‘que é respectuoso’, de revereor ‘reverenciar’.
-
PERSOEIRO
Mártir. Foi bispo de Autun e morreu martirizado con dez compañeiros durante o mandato do Emperador Aureliano. A súa festividade celébrase o 1 de xuño.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Músico e compositor. Recibiu as primeiras nocións musicais e aprendeu a tocar o cornetín co seu pai, que era director da banda municipal de Ponteareas. Con catorce anos dirixiu o Orfeón de Tui e, pouco despois, ingresou como músico graduado no Rexemento Murcia da cidade de Vigo. Nesta época comezou a compoñer diversas obras para a Banda Municipal do Porriño e outras agrupacións. En 1899 estudou no Conservatorio Superior de Música de Madrid, onde recibiu clases de Bretón e Chapí, e obtivo o primeiro premio de harmonía. Rematou os seus estudos cun premio de Composición e unha bolsa do Concello de Vigo para ampliar os seus coñecementos en Francia, Italia e Alemaña. Ao seu regreso comezou a escribir zarzuelas e sainetes que acadaron un notable éxito, como El regreso, La paloma del barrio, El capricho de una reina e Guitarras y bandurrias. A partir de 1916 iniciou unha intensa actividade compositiva que o levou a crear importantes zarzuelas como La leyenda...
VER O DETALLE DO TERMO