"Ribera" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 27.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou Albalat de Pardines Concello da provincia e Comunitat Valenciana, á esquerda do Xúcar, (3.473 h [1996]). Arroceiros, horta e laranxeiras. Antigo casarío musulmán repoboado por cristiáns (1238). Igrexa do final do s XVII.
-
ESPA¥A
Concello da provincia de Salamanca, Castela e León (1.741 h [1996]). No ano 1964 construíuse o encoro de Aldeadávila, sobre o Douro, cunha das centrais hidroeléctricas máis importantes da Península Ibérica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Foi o líder do grupo Nou Ambient, creado en 1919 seguindo o modelo dos evolucionistas. A súa pintura presenta influencias de Nonell, con derivacións cara ao surrealismo e ao expresionismo. Tamén cultivou o collage. Entre 1939 e 1980 estivo exiliado en México onde escribiu diversos traballos sobre arte mexicana.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana, situado na chaira aluvial da confluencia dos ríos Xúquer e Albaida (7.089 h [1996]). A agricultura de regadío e a gandería, sobre todo porcina, son as principais actividades económicas, aínda que tamén hai industria de conservas, de papel, de mobles e de materiais de construción. De orixe islámica, foi lugar real desde a conquista e Xaime I de Aragón incorporouna a Xàtiva. Foi independente, administrativamente, entre 1587 e 1708, data na que perdeu esa condición ata 1731 por apoiar o candidato austríaco durante a Guerra de Sucesión. A igrexa parroquial da Asunción, probablemente do s XV, reconstruíuse despois do terremoto de 1748. En 1901 inaugurouse o asilo de Sant Domènec cunha igrexa neogótica.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana, na comarca de La Ribera Baixa. Esténdese dende a serra de Corbera ata a marxe dereita do río Júcar (3.148 h [1996]). A súa economía baséase na agricultura, principalmente o cultivo de cereais, laranxas e leguminosas. Tamén é importante a avicultura e a apicultura. A vila está situada na parte baixa do castelo de Corbera, que se alza enriba dunha rocha. De orixe islámica, foi un lugar de convivencia mixta de mouros e cristiáns. Na igrexa parroquial de San Vicente venérase a imaxe da Mare de Déu del Castell, de estilo gótico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e xornalista. Foi redactor de El Liberal Coruñés e de La Mañana (1896), e colaborador do Diario de Avisos. Sucedeu a Marcelino Dafonte na dirección de La Voz de Galicia. Foi correspondente da Real Academia Galega e escribiu Historia de la Guerra de la Independencia en Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar. Foi correxidor en Chiquimula de la Sierra e Casablastran (Guatemala) desde 1730. Nomeado gobernador de Nicaragua (1748) ascendeu a coronel de Infantería (1751).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Eclesiástico. Formou parte da Xunta Local de Defensa na Guerra da Independencia e en 1811 foi deputado pola provincia de Lugo á Xunta Suprema e Gobernativa de Galicia. Foi cóengo da catedral de Lugo, gobernador eclesiástico e realizou importantes investigacións nos arquivos catedralicios. Sobresaíu como orador sagrado e publicou varios dos seus sermóns.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e psiquiatra. Frecuentou os parladoiros literarios do Café Gijón e integrouse no foro de debate Academia Errante. Comezou na literatura co poemario Grana Gris (1945) e escribiu ensaios, dos que sobresaen Dilthey, Jaspers y la comprensión del enfermo mental (1955) e Libertad, temporalidad y transferencia en el psicoanálisis existencial (1964). Da súa narrativa destacan Tiempo de Silencio (1962), na liña do realismo social e cunha complexidade narrativa considerable, o libro póstumo de contos Apólogos (1970) e a novela inconclusa Tiempo de destrución (1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana (3.045 h [2001]). A agricultura de regadío é un dos seus recursos económicos básicos. A auga do Júcar aprovéitase principalmente para o cultivo de laranxeiras.
VER O DETALLE DO TERMO -
LIÑAXES
Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de goles, tres faixas de sinople. Presenta a variante Rivera.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso beneditino. Foi profesor de teoloxía moral en San Martiño Pinario e, tras a exclaustración, foi catedrático de Retórica e Poética do instituto de segundo ensino de Santiago de Compostela. Foi catedrático de Teoloxía (1854) e de Dereito Canónico (1875) da Universidade de Santiago de Compostela, ademais de decano da facultade de Teoloxía. Publicou, entre outras obras, Panegírico del beato Juan de Ribera (1868).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Asturias, situado ao S de Oviedo e regado polo río Nalón (1.979 h [2001]). De poboación dispersa, o núcleo do termo é Soto de Ribera. A economía é principalmente agrícola e gandeira. Posúe unha central térmica.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, situado en Tierra de Barros e regado polo Valdemedé, afluente do Matachel (3.395 h [2001]). Destaca a gandaría lanar e as industrias alimentarias de fariñas e aceites.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Coñecido como Lo Spagnoletto, de moi novo marchou a Roma, onde viviu intensamente a nova maneira introducida por Caravaggio e asistiu á Accademia Nazionale di San Luca. Despois estableceuse en Nápoles, onde recibiu a protección dos representantes da Coroa de Castela, o duque de Osuna e o conde de Monterrey. Recibiu encargos importantes e un gran número das súas obras chegaron á Península Ibérica. O seu estilo evolucionou de maneira inversa ao de Caravaggio, pois foise aclarando progresivamente, evolución que se aprecia en Calvario da colexiata de Osuna (1616-1620), Trinidad (1636?) e El sueño de Jacob (1639). A composición das súas obras está equilibrada mediante o debuxo e a cor. O dominio do debuxo manifestouno nos gravados. Entre as súas obras destacan tamén Isaac bendiciendo a Jacob (1637), El Nacimiento (1643), La Adoración de los pastores (1650), La Piedad (1637), La Purísima...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista. Traballou en Pontevedra, cidade na que fundou o semanario O Galiciano (1887) e a revista A Tía Catuxa (1889), onde incluíu diversos artigos e composicións. Participou na elaboración do volume O Galiciano. Produciós premeados no certame gallego literario que iniciado por O Galiciano celebrouse en Pontevedra no día 9 de agosto de 1886 (1886).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso beneditino. Foi prior e arquiveiro cara a 1721 no mosteiro de San Xián de Samos, onde tamén foi abade (1733-1737). Atribúeselle Relación sucinta de los sucesos principales del Real Monasterio de San Julián de Samos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso dominicano. Foi colexial de San Gregorio de Valladolid (1606) e prior dos conventos de Trianos, Gasteiz, Zamora, Toro e La Pasión, de Madrid. Escribiu Vida de la sierva de Dios Sor María de Sotomayor e Decisiones regulares de nuestra Religión y Provincia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso dominicano. De orixe galega, ingresou na orde no convento da Peña de Francia e foi colexial por Lugo no colexio de San Gregorio de Valladolid, onde foi lector de Artes e Filosofía. Foi mestre de teoloxía en Piedrahita, Trianos, Toro e Ávila. Presentado en Teoloxía en 1615 e mestre en 1623 foi prior dos conventos de Peña de Francia, Oviedo, Ocaña, Toro e Atocha e reitor de San Gregorio de Valladolid (1631)
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Cultivou a pintura de historia e os retratos e foi discípulo de F. Bayeu en París. Foi pintor de Carlos IV (1811) e de Fernando VII (1816), quen lle encargou a decoración de Aranjuez e de El Pardo. O seu fillo, Carlos Luis Ribera (Roma 1815-Madrid 1891) foi discípulo seu e de Hippolyte Delaroche e pintou na corte de Isabel II (1846).
VER O DETALLE DO TERMO