Castelló de la Ribera

Castelló de la Ribera

Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana, situado na chaira aluvial da confluencia dos ríos Xúquer e Albaida (7.089 h [1996]). A agricultura de regadío e a gandería, sobre todo porcina, son as principais actividades económicas, aínda que tamén hai industria de conservas, de papel, de mobles e de materiais de construción. De orixe islámica, foi lugar real desde a conquista e Xaime I de Aragón incorporouna a Xàtiva. Foi independente, administrativamente, entre 1587 e 1708, data na que perdeu esa condición ata 1731 por apoiar o candidato austríaco durante a Guerra de Sucesión. A igrexa parroquial da Asunción, probablemente do s XV, reconstruíuse despois do terremoto de 1748. En 1901 inaugurouse o asilo de Sant Domènec cunha igrexa neogótica.