"Ribes" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 6.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro que estivo situado en Cambre. Non hai datos sobre o momento da súa fundación, pero coñécese a súa existencia por un documento de 1154, data na que o Papa Anastasio IV lle confirmaba a súa pertenza á igrexa de Santiago, certificación que ratificou en 1178 o Papa Alexandre III.
-
PERSOEIRO
Atleta. Gañou en Praga o campionato de Europa en 50 km marcha (1978), especialidade en que tamén conseguiu a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Moscova (1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas, da familia das grosulariáceas, ao que pertencen as groselleiras.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, situado no Ripollès (2.033 h [2001]). Destaca a gandaría bovina e ovina e a industria papeleira, a metalúrxica e a de produtos lácteos.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (23.134 h [2001]). Explótanse canteiras de calcarias para a construción e area de descomposición do granito para vidro, cerámica, cemento e fundición. Ten empresas metalúrxicas, de madeira e coiro, químicas e de artes gráficas. É un centro de segunda residencia e veraneo.
VER O DETALLE DO TERMO