Sant Pere de Ribes ou Ribes de Sitges

Sant Pere de Ribes ou Ribes de Sitges

Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (23.134 h [2001]). Explótanse canteiras de calcarias para a construción e area de descomposición do granito para vidro, cerámica, cemento e fundición. Ten empresas metalúrxicas, de madeira e coiro, químicas e de artes gráficas. É un centro de segunda residencia e veraneo.