"Ricardo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 82.
-
GALICIA
Licenciado en dereito. Director dos xornais El Clamor de Galicia, El Clamor del País e La Región; así mesmo, entre outros, colaborou en El Comercio Gallego e El Noroeste. Destacou tamén o seu labor administrativo á fronte da Deputación Provincial.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor de Ensino Medio, actor e director. A súa traxectoria teatral está ligada á compañía Máscara 17, coa que realiza espectáculos como Por Dios Eros (1984), Ahl Kharallo Light (1986), Fajanjastoafjanistanirán (1987), Ñeñeñé-Ukaká (1989), Labio leporino (1990) e É perigoso asomarse ao interior (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. É coñecido, sobre todo, como autor de novelas de tema histórico italiano, entre as que destacan Il diavolo al Pontelungo (1927), Il mulino del Po (1938-1940), Il pianto del figlio di Lais (1945) e Non ti chiamerò più padre (1959). Reuniu a súa poesía co título de Versi e rime (1971-1974).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Cultivou a pintura de temática histórica e costumista, é coñecido pola súa obra A Batalla de Almansa (1862).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político dominicano. Estudiou Dereito nas universidades de Santo Domingo e París. Foi ministro de Asuntos Exteriores (1954-1955), de Educación (1955-1957) e vicepresidente (1957-1960) nos gobernos do ditador Trujillo, a quen sucedeu na Presidencia tralo seu asasinato o trinta de maio de 1961. No ano 1962 un golpe de estado militar obrigouno a abandonar o país e refuxiouse nos EE UU, onde fundou o Partido Reformista, de tendencia moderada. En 1966, ao abeiro da intervención militar dos EE UU, ocupou a Presidencia, que exerceu, con dúas reeleccións, ata o 1978. En 1986, 1990 e 1994 foi elixido de novo Presidente da República. Deixou o cargo en 1996, ao resultar gañador Leonel Fernández.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor, gravador e escritor vasco. Irmán de Pío Baroja, a súa pintura representa a expresión plástica do espírito da Xeración do 98; a súa temática é paisaxística e tecnicamente achegada ao Impresionismo. Destaca a calidade dos seus gravados, influídos por Goya. Escribiu novela, teatro e contos, case todos nun ambiente vasco, pero literariamente é coñecido pola obra Gente del 98 (1952), que constitúe unha escolma de artigos que apareceran no Diario de Madrid en 1935. Fundou en 1926 o teatro de cámara El Mirlo Blanco, do que foi o seu director. Recibiu a segunda medalla na Exposición Nacional de Belas Artes de 1906 e a primeira medalla en 1908.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e poeta. Exerceu a súa actividade no semanario O Novo Galiciano e nalgúns xornais de carácter local. A súa obra aparece recollida no volume Ventureiras (1909). Tamén se lle atribúe a obra Fabas e Castañas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico. Realizou estudios de Medicina en Santiago de Compostela e Madrid. Traballou nos hospitais militares de Tui e Vigo. As súas ideas liberais provocaron en 1823 o seu exilio en Francia. Á súa volta, estableceuse na Coruña. Ocupou o cargo de presidente da Academia Médico-Quirúrgica de Galicia y Asturias. Publicou: Consideraciones sobre los efectos generales y particulares de los baños de mar (1837), entre outras obras.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Adscrito ao Modernismo, traballou na cidade da Coruña onde deseñou edificios na rúa Bailén 8, san Nicolás 11 e 13, santo Andrés e na Barreira.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Investigador en arquitectura e en deseño de cidades, formouse na Escola de Arquitectura de Barcelona e, posteriormente, na Universidade de Xenebra. Cun equipo de arquitectos, deseñadores, enxeñeiros, sociólogos e filósofos, creou o Taller d’Arquitectura (Barcelona, 1963), que actualmente conta cun equipo internacional con proxectos construídos en Europa, África, Xapón e EE UU. As súas realizacións e as do seu equipo caracterízanse por unha valoración expresionista dos elementos construtivos e seriais; nos últimos tempos recorre ás linguaxes históricas, especialmente ao Clasicismo. O taller aborda proxectos de deseño urbano, equipamentos culturais, comerciais e deportivos, vivendas e oficinas, arquitectura de interiores e deseño de mobles. Realizou estudios de planificación urbana para Luxemburgo, Bordeos, Boloña, Madrid, Boston, Kobe (Xapón) e Nan Sha (China). No eido das infraestruturas, levou a cabo o novo Aeroporto de Barcelona (1982), o Palacio de Congresos de Madrid (1995)...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Participou nas campañas de Cuba, as Filipinas e Marrocos. Dirixiu a represión da folga en Asturias no 1917. Foi comisario en Marrocos, tenente xeneral, director da Garda Civil e presidente do Consello Supremo de Guerra e Mariña. En 1931 presidiu o consello de guerra contra o goberno provisional republicano, que derivou nunha manifestación pública contra a ditadura e a monarquía. Trala instauración da República foi presidente da Cruz Vermella e tentou desenvolver unha actuación política de esquerdas, que foi rexeitada polos socialistas. Publicou algúns ensaios dos que destacan Mi rebeldía (1904) e Morbo nacional (1906).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Estudiou na Escola de Artes e Oficios da Coruña con bolsas do concello, da deputación e da Caixa de Aforros. Posteriormente se trasladou a Madrid, foi discípulo de José María López Mezquita e formou parte da escola de paisaxistas do Paular (Madrid). Destaca pola súa temática paisaxística, na que interpreta a realidade cunha estética abstracta marcada pola xeometrización das formas e as manchas de cor. Exerceu como auxiliar nos talleres de restauración do Museo del Prado. Na exposición rexional de Ferrol de 1934 recibiu a segunda medalla pola obra La dama de la mantilla.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Participou na fundación da Irmandade da Fala da Coruña e desenvolveu a súa actividade literaria sobre todo na prensa da época. Publicou no suplemento Terra a Nosa!, do xornal El Noroeste, e a novela O tesouro acobillado (1919). Postumamente a editorial Nós sacou do prelo De min pra vós (contos do pobo) (1928), recompilación das súas colaboracións na revista A Nosa terra.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Pasou a nenez e a mocidade en Ferrol, estudiou por libre o bacharelato e publicou os seus primeiros versos e prosas en galego e castelán en El Correo Gallego e Maruxa. Nesta cidade viviu de 1910 a 1950, coas obrigadas ausencias universitarias e as derivadas da Guerra Civil. De 1926 a 1933 a carreira de dereito e o servizo militar levárono a Santiago de Compostela onde entrou en contacto coa cultura galega, a través do Seminario de Estudos Galegos. Ingresou nesta institución cunha lectura poética, traballou en diversas seccións (Filoloxía, Historia da Literatura e Ciencias Sociais, Xurídicas e Económicas), publicou na revista Arquivos “Como vía a Aristóteles o P. Feijoó” (1930), o seu primeiro estudo literario, e chegou a ser secretario de actas e secretario xeral. Tamén nesta cidade iniciou o exercicio da política esquerdista e nacionalista. Na súa traxectoria intelectual sentiuse sempre, aínda que desde a independencia persoal, un discípulo dos mestres...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e militar. Foi director das publicacións La Semana Literaria, Diario de Avisos e Liceo Brigantino. Como dramaturgo escribiu a peza bilingüe Maruxiña (1897), en colaboración con Francisco García Cuevas, e La vuelta de Farruco (1898), en coautoría con Manuel Uturrigaray e con música do mestre Francisco Hermida. Completan a súa produción unha serie de comedias, dramas e monólogos entre os que destacan: Me caso?, Honrado... entre sombras (1883), Recuerdos de gloria (1883), La mejor nobleza (1889) e Justicia del cielo (1892). Foi autor tamén de obras relacionadas coa súa profesión de militar como se reflicte en: Conferencias teórico-prácticas sobre el oficial de caballería ligera en campaña (1882), Preceptos higiénicos y medicina práctica con aplicación al Ejército (1884), Defensa del capitán teniente D. José Caspe Moscoso (1884) e Estudio...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e político. Catedrático de Economía Política e Facenda Pública en Santiago de Compostela desde 1907, foi un importante propagandista do agrarismo católico, moi activo nas campañas rurais. Colaborou con diversas publicacións periódicas, entre outras, La Paz Social, La Lectura, Idearium, La Alhambra, Das literarische Echo e Le Mouvement social. Dos seus traballos cómpre destacar La democracia cristiana y la política nacional (1902), El trabajo y el salario (1907), El trabajo a domicilio en España (1908), La cooperación en la agricultura: manual de economía social agraria (1909), La VOT de San Francisco como institución para promover y mantener el progreso social (1910), La asociación agraria, socialista y ácrata (1910) e Los principios cristianos y la transformación y aun abolición del salariado (1921).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director de orquestra. Dirixiu as orquestras máis importantes de Europa e América. A súa actividade está vinculada, sobre todo, ao Teatro Comunal de Boloña e á Royal Concertgebouw Orchestra de Amsterdam da que é director titular desde 1988, en substitución de Bernard Haitink.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto filipino. Foi un dos fundadores do Grup d’Arquitectes i Técnics Catalans per el Progrés de l’Arquitectura Contemporània (GATCPAC). A súa obra máis representativa é a casa dos veciños da Diagonal, en Barcelona (1934-1937). Outras obras súas, tamén en Barcelona, son a Delegación do Patronato Nacional de Turismo (1930) e a casa da rúa de Iradier (1935).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e escritor. Emigrante en Bos Aires, foi catedrático de Xeografía Marítima na Escuela Naval Militar e colaborador na prensa (El Correo Español, La Prensa Española e La Opinión). Escribiu, entre outras obras, Influencia del descubrimiento de América en el proceso de la civilización (Premio do Centro Educacionista Popular de Concordia, 1892) e Los municipios en la América española (1899). Como poeta elaborou varias composicións en galego e castelán para diversas publicacións (“O que foi”, “Fóra do niño” e “Os porcos vencedores”). Foi membro correspondente da Real Academia Galega en Bos Aires.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Estudiou na Escola de Belas Artes da Coruña. Participou no Concurso Artístico Nacional de Bellas Artes de 1856 coa obra Las flores de España.
VER O DETALLE DO TERMO