Caruncho Crosa, Ricardo
Escritor e militar. Foi director das publicacións La Semana Literaria, Diario de Avisos e Liceo Brigantino. Como dramaturgo escribiu a peza bilingüe Maruxiña (1897), en colaboración con Francisco García Cuevas, e La vuelta de Farruco (1898), en coautoría con Manuel Uturrigaray e con música do mestre Francisco Hermida. Completan a súa produción unha serie de comedias, dramas e monólogos entre os que destacan: Me caso?, Honrado... entre sombras (1883), Recuerdos de gloria (1883), La mejor nobleza (1889) e Justicia del cielo (1892). Foi autor tamén de obras relacionadas coa súa profesión de militar como se reflicte en: Conferencias teórico-prácticas sobre el oficial de caballería ligera en campaña (1882), Preceptos higiénicos y medicina práctica con aplicación al Ejército (1884), Defensa del capitán teniente D. José Caspe Moscoso (1884) e Estudio especial de la Caballería en la paz y en la guerra (1894).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Gijón -
Deceso
Lugar : A Coruña