"Rilo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 60.

  • Líquido que ferve a 81,6°C, co punto de inflamabilidade en 12,8°C e de constante dieléctrica E=38’8 a 20°C. Disolve diversos sales inorgánicos. É velenoso. Obtense por deshidratación da acetamida. Emprégase en síntese orgánica e como disolvente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Líquido volátil, tóxico, moi inflamable, que se polimeriza en presenza de peróxidos, para dar un dímero de fórmula NCCH2CH2C(=CH2)CN. Obtense facendo reaccionar o amoníaco sobre a acroleína obtida oxidando o propileno, ou facendo reaccionar o propileno co óxido nítrico procedente da oxidación do amoníaco. As aplicacións máis importantes do acrilonitrilo son a fabricación de fibras acrílicas e modacrílicas; a fabricación de resinas ABS e de acrilonitrilo-estireno; a fabricación de caucho nitrilo e a cianoetilación dos tecidos de algodón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Líquido empregado para preparar a hexametilendiamina, materia prima do nailon 66 e do nailon 610.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico castelán. Xeneral da orde franciscana (1817), foi consagrado Arcebispo de Santiago de Cuba (1832). Fuxiu da illa á Península Ibérica e uniuse aos carlistas (1837), sendo Arcebispo de Burgos (1850) e de Toledo (1857). En 1858 foi nomeado Cardeal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción de sons anfóricos ao falar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Excrecencia que se forma nalgunhas sementes e que ás veces cobre dunha forma máis ou menos completa a súa superficie, como a do teixo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Designación xenérica dos grupos que resultan da eliminación dun hidróxeno nun hidrocarburo aromático. Os arilos simbolízanse mediante as letras Ar. O grupo arilo derivado do benzol denomínase fenilo e os outros grupos arilo derivados de hidrocarburos aromáticos monocíclicos denomínanse como fenilos substituídos. No caso dos hidrocarburos aromáticos policíclicos condensados, os grupos arilo denomínanse engadindo o sufixo -nilo ao nome do hidrocarburo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arilo formado a partir do bordo do tegumento externo da semente, envolvendo o micrópilo.

    2. Arilo pequeno que forma un simple apéndice sobre a semente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Semellante a un arilo.

    2. arilodio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Radical univalente de fórmula AuO.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • San Carlos de Bariloche.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome trivial do grupo alquil-arílico de fórmula (C6 H5)2 CH-.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aceite incoloro de olor a améndoas, soluble en auga quente, en alcohol e en éter. Prepárase por quentamento de bencenosulfonato sódico con cianuro sódico. É moi tóxico e emprégase na obtención dalgúns fármacos, colorantes, solventes, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicato de aluminio e berilio, de fórmula Be3Al2Si6O18. Pedra preciosa que cristaliza na clase holoédrica hexagonal. As variedades máis importantes son a esmeralda e a augamariña. Outras variedades son o heliodoro (amarelo), a morganita (rosa), a goshenita (incolora) e o berilo verde. A súa dureza é de 8, e o peso específico de 2,67-2,80. Ten unha orixe principalmente pneumatolítica. Emprégase para a obtención do berilio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma que consiste en dúas pirámides de doce caras, unidas polas súas bases.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fosfato de berilio e sodio, de fórmula NaBe(PO4). Cristaliza no sistema monoclínico. É incoloro, branco ou amarelo pálido. Ten dureza 5,5-6 e peso específico 2,81.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Radical acilo derivado do ácido butírico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia que actúa sobre o sistema regulador renina-anxiotensina-aldosterona, inhibindo a acción do enzima ACE-peptidildipéptido-carboxi hidrolasa, que controla a conversión da anxiotensina I e a anxiotensina II, provocando unha diminución da presión sanguínea. En terapéutica emprégase para combater a hipertensión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e publicista ruso. Estudiou na Universidade de Moscova e en 1854 incorporouse á redacción da revista Sovremennik. Combateu as reformas políticas de Alexandre II e interveu na fundación da organización democrática Zeml’a i Vol’a (Terra e liberdade). En 1862 condenárono a presidio e durante o encarceramento escribiu Čto delat’? (Que cómpre facer?, 1863), novela na que expón o seu ideario político-social, de corte populista. Despois dunha curta etapa en liberdade, deportárono a Siberia (1864-1883) e a Astrakhan (1883-1889).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo. Patriarca de Alexandría (412) e un dos grandes padres da Igrexa oriental. O 17 de outubro de 412 sucedeu na sé patriarcal de Alexandría o seu tío Teófilo. Defensor da fe ortodoxa, foi un violento antisemita e combateu a herexía nestoriana. No Concilio de Éfeso (431), conseguiu a condena, deposición e exilio de Nestorio, patriarca de Constantinopla dende o 428, así como a aprobación da doutrina ciriliana sobre a unidade da persoa de Cristo. Dende o punto de vista doutrinal, dedicouse á elaboración da doutrina da Encarnación. Entre os seus escritos destacan os comentarios sobre as Sagradas Escrituras (evanxeos de san Lucas e san Xoán e o Pentateuco), tratados de teoloxía dogmática, cartas e sermóns. A lenda conta que resucitou a tres mortos. Na arte iconográfica viste os ornamentos dos bispos orientais (palio máis longo e ancho ca en Occidente), vai sempre barbado, e leva como atributo unha representación da Virxe co Neno nun taboleiro coa inscrición “Nai de Deus”...

    VER O DETALLE DO TERMO