"Rodrigues" (Contén)

Mostrando 14 resultados de 14.

  • PERSOEIRO

    Poeta portugués. Coñecido polo pseudónimo de Violante de Cisneyros, foi un dos animadores da revista Orpheu, introdutora do modernismo en Portugal. A recompilación Antologia de Poemas (1956) recolle gran parte da súa obra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor brasileiro. Formouse co pintor alemán Hantv e con Augusto José Marques Júnior na Escola Nacional de Belas-Artes de Rio de Janeiro (1930). Foi un dos fundadores do Núcleo Bernadelli (1931). Viaxou por Europa e participou en exposicións na Royal Academy of Arts de Londres (1944) e no Salon des Indepéndants de París (1947). Cultivou o retrato e a paisaxe e realizou litografías e serigrafías. A súa obra evolucionou dende o academicismo ata a pintura de vangarda; esta última achegouse ao cubismo, ao construtivismo e á abstracción. Empregou os campos de cor plana onde primaron os ocres e os vermellos. Entre outras mostras, participou na XXV Bienal de Venecia (1950), na I Bienal de São Paulo (1951) e na mostra da arte brasileira no s XX (1975); e, entre outras exposicións individuais, destacan as realizadas en Rio de Janeiro, Londres, París e Lisboa. Recibiu, entre outros galardóns, a medalla de bronce do Salão Nacional de 1939, a de prata no de 1944 e o Prémio do Governo do Estado no I...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político brasileiro. Como ministro de Guerra (1906-1909) instaurou o servizo militar obrigatorio. Foi presidente da República entre 1910 e 1914 e houbo de enfrontarse a graves axitacións populares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e escritor. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Pertenceu ao comité executivo do Partido Galego Social Demócrata e contribuíu á constitución do Consello de Forzas Políticas, que defende a ruptura democrática e a instauración dun estado confederal. Participou na fundación de diversas iniciativas culturais como a editorial SEPT, A Nosa Terra, e a Asociación Cultural O Galo de Santiago de Compostela, da que tamén foi presidente. Preside a Associação Amizade Galiza-Portugal, a Associação Cultural Lusófona Irmandades da Fala da Galiza e Portugal e a Comissão Galega do Acordo Ortográfico da Língua Portuguesa. Fundador e director das revistas da lusofonía Nós, Cadernos do Povo, Temas do Ensino de Lingüística, sociolingüística e literatura, encabezou as delegacións de Galicia nos Encontros de Unificação Ortográfica da Língua Portuguesa en Rio de Janeiro (1986) e en Lisboa (1990). Forma parte do equipo investigador do Centro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo portugués. Investigador na área de literatura medieval, destacan os seus estudios sobre a lírica galego-portuguesa. Foi un dos fundadores do Centro de Estudos Filológicos (1932), o actual CLUL. Publicou A Cultura Moral e o Ensino da Lingua Francesa (1921), a súa tese Das origens da poesía lírica em Portugal na Idade Média (1929), obra na que defende a tese litúrxica como orixe do lirismo románico, e Lições de Literatura Portuguesa. Época medieval (1934), e en 1940 elaborou as antoloxías Crestomatia Arcaica e D. Duarte e os Prosadores da Casa de Aviz. É autor tamén de Cantigas d’escarnho e de mal dizer dos cancioneiros medievais galego-portugueses (1965), cunha segunda reedición en 1970 á que lle engadiu materiais procedentes doutras edicións monográficas e tres cantigas; do estudo “A recuperação literária do galego” (1973), considerado fundacional na defensa da asunción do portugués como lingua culta dos galegos; e de Estudos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa de illas Mauricio (109 km2; 35.779 h [2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico portugués. Coñecido como Amatus Lusitanus, estudou en Salamanca, Portugal, Flandres (1534), Italia (1541) e Salónica (1556). A súa obra máis importante é Centurias médicas (Florencia, 1551).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta portugués. De orixe xudía, foi a figura literaria dominante na época de anexión a Castela e o máis orixinal dos discípulos de Camões. Cultivou o xénero pastoril en poesía coas súas Éclogas (1605) e a novela con O Pastor Peregrino (1608). Escribiu en castelán Romances (1569), con influencias de Góngora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Recoñecido orador e ideólogo, foi presidente da Segunda Liga da Mocidade Republicana e director do semanario Globo. En 1935 emigrou a EE UU. Das súas obras destacan Páscoa feliz (1932), Saudades para Dona Genciana (1956), Gente de terceira classe (1962) e O milagre segundo Salomé (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor portugués. Coñecido como João Verde, mantivo certa relación con Curros Enríquez, Filomena Dato e García Ferreiro. Colaborador de Vida Gallega e A Terra Minhota, onde escribiu textos en galego, fundou e dirixiu Aurora do Lima e O Regional. Na súa obra amosou as vivencias e os seus sentimentos cara á paisaxe miñota. É autor de Musa Minhota (1897), N’Aldeia (1890) e Ares da Raia (1902), en que emprega a lingua galega para compoñer algunhas coplas populares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante e actriz. Coñecida como Amália Rodrigues, está considerada unha das intérpretes máis importantes de fados. Participou nas operetas Rosa cantadeira (1944) e Mouraria (1946), no drama A severa (1955) e nos filmes Os amantes do Tejo (1955), Fado Corrido (1964) e As Ilhas Encantadas (1965). Da súa discografía destacan Mouraria (1945), Novo Fado da Severa (1953), Povo que Lavas no Rio (1963), Estranha Forma de Vida (1964), Lágrima (1983), Maldição (1992) e Segredo (1998). Recibiu o Premio MIDEM (The International Music Market) en 1967, 1968 e 1969.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista. Profesor nas universidades de Montpellier, Aix e París (1949-1955) e catedrático na Universidade de Lisboa, a súa abundante obra denuncia a degradación e a explotación do home, cunha clara conciencia política. O libro de contos As pombas são vermelhas (1977) recolle a súa experiencia durante os anos da revolución. Da súa obra tamén destacan o libro de viaxes Santiago de Compostela (1949), o ensaio A saudade na poesia portuguesa (1968) e a novela A impossível evasão (1972). Pertence á Academia de Ciências de Lisboa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor. Pertenceu á ala esquerda do liberalismo e foi moi combativo nos seus escritos, que publicou desde 1840 no xornal Revolução de Setembro, entre outros. Desde 1851 dedicouse á política como deputado, ministro do Reino (1871-1877) e primeiro ministro (1881).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariño e político. Ingresou na mariña en 1914 e foi ministro da Mariña (1944-1958). Partidario de Salazar, foi presidente da república (1958-1974). Destituído polo golpe militar de 1974, exiliouse a Brasil ata que regresou en 1978.

    VER O DETALLE DO TERMO