Dacosta, Milton Rodrigues
Pintor brasileiro. Formouse co pintor alemán Hantv e con Augusto José Marques Júnior na Escola Nacional de Belas-Artes de Rio de Janeiro (1930). Foi un dos fundadores do Núcleo Bernadelli (1931). Viaxou por Europa e participou en exposicións na Royal Academy of Arts de Londres (1944) e no Salon des Indepéndants de París (1947). Cultivou o retrato e a paisaxe e realizou litografías e serigrafías. A súa obra evolucionou dende o academicismo ata a pintura de vangarda; esta última achegouse ao cubismo, ao construtivismo e á abstracción. Empregou os campos de cor plana onde primaron os ocres e os vermellos. Entre outras mostras, participou na XXV Bienal de Venecia (1950), na I Bienal de São Paulo (1951) e na mostra da arte brasileira no s XX (1975); e, entre outras exposicións individuais, destacan as realizadas en Rio de Janeiro, Londres, París e Lisboa. Recibiu, entre outros galardóns, a medalla de bronce do Salão Nacional de 1939, a de prata no de 1944 e o Prémio do Governo do Estado no I Salão Paulista de Arte Moderna.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Niterói -
Deceso
Lugar : Rio de Janeiro