Fontenla Rodrigues, José Luís
Avogado e escritor. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Pertenceu ao comité executivo do Partido Galego Social Demócrata e contribuíu á constitución do Consello de Forzas Políticas, que defende a ruptura democrática e a instauración dun estado confederal. Participou na fundación de diversas iniciativas culturais como a editorial SEPT, A Nosa Terra, e a Asociación Cultural O Galo de Santiago de Compostela, da que tamén foi presidente. Preside a Associação Amizade Galiza-Portugal, a Associação Cultural Lusófona Irmandades da Fala da Galiza e Portugal e a Comissão Galega do Acordo Ortográfico da Língua Portuguesa. Fundador e director das revistas da lusofonía Nós, Cadernos do Povo, Temas do Ensino de Lingüística, sociolingüística e literatura, encabezou as delegacións de Galicia nos Encontros de Unificação Ortográfica da Língua Portuguesa en Rio de Janeiro (1986) e en Lisboa (1990). Forma parte do equipo investigador do Centro de Estudos Luso-Brasileiros (CELB) da Universidade de San Petersburgo. Como poeta publicou, co seu nome, Poemas de Paris e outros poemas (1985), e, baixo o pseudónimo de João Padrão, que emprega desde 1989, dúas antoloxías poéticas, Sememas (1990) e Tempo e Terra (1992), e as pezas teatrais Itaca e outras peças e O “hic et nunc” de Mr. Pickwick. O tempo da pedra.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Pontevedra