"Rose" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 187.
-
PERSOEIRO
Atleta alemana. Especialista en salto de altura, estilo ventral. Competiu nos Xogos Olímpicos de Múnic 1972, nos de Montreal 1976 onde acadou a medalla de ouro cun salto de 1,93 m. No ano 1977 conseguiu superar os 2 m. Retirouse en 1980 logo de quedar de cuarta nos Xogos Olímpicos de Moscova.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Escasa ou nula formación de excrementos.
-
-
Afección, a miúdo subclínica, do tracto respiratorio e da conxuntiva, causada por algunha especie de adenovirus. O cadro clínico caracterízase por febre e farinxite, e ás veces tamén por conxuntivite, larinxite ou otite.
-
Afección xeralmente benigna de mamíferos e aves causada por adenovirus.
-
-
GALICIA
Entallador de retablos. Documéntase a súa participación no retablo maior de San Fiz de Bués (O Carballiño).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Perda total ou parcial da visión dun ollo ou dos dous, en especial cando aparentemente non existe sinal de alteración ocular senón que está producida por lesión na retina, no nervio óptico ou no encéfalo. Pode ser permanente ou pasaxeira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Coeficiente introducido polo farmacéutico alsaciano León Ambard que permite establecer unha relación entre a cantidade de urea no sangue dun paciente e a eliminada polos ouriños. O seu valor diagnóstico foi moi discutido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de articulación, de movementos limitados, que une as superficies óseas por medio de discos de fibrocartilaxe, como as vertebrais, a sínfise púbica e outras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ausencia ou deficiencia da secreción de suor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Trastornos do sistema vasomotor (anxiospasmo, anxioparálise) motivados por causas psíquicas, especialmente de tipo emocional.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Membrana fibrosa, resistente, que cobre os músculos e mantén unidos os seus feixes de fibras (aponeurose de envoltura) ao mesmo tempo que os une aos órganos que funcionan coa súa contracción (aponeurose de inserción).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Incapacidade de fixar a atención e de concentrarse prolongadamente na mesma tarefa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Infección causada por arbovirus, transmitida aos vertebrados polos artrópodos.
-
GALICIA
Sacerdote guerrilleiro na Guerra da Independencia coñecido como o abade de Valadares. Estudiou en Monforte de Lemos e foi ordenado en 1870. Nomeado abade de Valadares, tomou o mando como comandante xeral das forzas opositoras á invasión napoleónica. En 1811 concedéuselle o título de cabaleiro da Orde de Carlos III.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Desenvolvemento anormal do tecido escleroso nunha parede arteriolar.
-
-
Estado patolóxico que abrangue diversos procesos que provocan un engrosamento e endurecemento da parede das arterias. O proceso máis importante é a ateroscleros á que se lle atribúe impropiamente o nome xenérico de arteriosclerose.
-
Tipo de arteriosclerose que se presenta nas extremidades. Caracterízase por ocasionar necrose e calcificación, polo xeral só da túnica media das arterias.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Artropatia crónica non inflamatoria constituída principalmente por alteracións destrutivas das cartilaxes e das fibrocartilaxes; osteosclerose subcondral, reacción osteofítica dos bordos articulares, formación de cavidades pseudoquísticas na epífise e fibroesclerose da membrana sinovial e da cápsula. Estas lesións son consideradas de natureza dexenerativa e asimílanse cun tipo de envellecemento articular prematuro. Non se coñecen as súas causas, pero suponse que dependen das características físicas e bioquímicas da cartilaxe articular ou das condicións mecánicas defectuosas ás que está sometida. Localízase especialmente nas articulacións intervertebrais, nas coxofemorais, nos xeonllos, nas articulacións interfalánxicas das mans, na trapezometacarpiana e na metatarsofalánxica do dedo gordo do pé. Aparece, xeralmente, despois dos corenta anos e é máis frecuente no sexo feminino. O síntoma máis importante é a dor provocada polos movementos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma máis importante de arteriosclerose que ten como lesión fundamental o ateroma. Afecta sobre todo aos homes e especialmente a aquelas persoas que presentan unha serie de características denominadas factores de risco: antecedentes familiares de ateromatose prematura, hábito de fumar, hipertensión arterial, obesidade, hiperlipidemia, diabetes mellitus, sedentarismo, ansiedade e sobreesforzo psíquico.
-
PERSOEIRO
Xornalista e narrador norteamericano. É autor de contos nos que, seguindo un modelo humorístico como o de Mark Twain, chega a miúdo ao cinismo e ao sarcasmo. Publicou Tales of soldiers and civilians (Contos de soldados e civís, 1891) e Fantastic fables (Fábulas fantásticas, 1899).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Afección caracterizada por unha secreción abundante de suor que ademais contén substancias fedorentas.
-
PERSOEIRO
Escritora e crítica literaria. Foi profesora na Universidade de París de literatura estadounidense. Os seus estudios versan sobre a literatura de ciencia-fición, a metafición, a narrativa de posguerra e o nouveau roman. Entre os seus estudios salienta Unha gramática da metáfora (1958). Escribiu, entre outras obras, Amalgamemnon (1984) e Texterminación (1992).
VER O DETALLE DO TERMO