"Rotterdam" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • PERSOEIRO

    Humanista e teólogo. O seu verdadeiro nome era Geert Geerts, pero, seguindo unha tendencia humanística e interpretando que o seu nome viña do verbo medio-holandés ghëren ‘desexar’, cambiouno por Desiderius Erasmus Rotterdamus, latinizando o primeiro nome e grecizando o segundo. Formado en diversas escolas relixiosas de Goude e Deventer, profesou como agostiño no mosteiro de Steyn en 1488 e en 1492 ordenouse. Os seus estudios como latinista fixeron que se convertese en 1493 no secretario do bispo de Cambrai. En 1495 retomou os seus estudios na Universidade de París, onde entrou en contacto co humanismo platónico italiano e as doutrinas da devotio moderna. Entre 1496 e 1500 viaxou polos Países Baixos e Inglaterra, onde coñeceu o teólogo John Colet e o humanista cristián Thomas More, que o conduciron a unha síntese de platonismo e cristianismo e a unha piedade paulina e cristocéntrica. En 1500 publicou Adagiorum collectanea, colección de ao redor...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Holanda Meridional, Países Baixos (592.673 h [2000]). Está situada a ambos os dous lados do Nieuwe Maas, ao S do Sheur, onde se abre o canal de Nieuwe Waterweg, e forma parte do organismo público e administrativo Rijnmond. É o primeiro porto mundial en tonelaxe anual de mercadorías embarcadas, e a segunda cidade dos Países Baixos, despois de Amsterdam. Case completamente destruída polos bombardeos durante os primeiros días da invasión alemá (1940), a súa restauración na posguerra, coa construción de dársenas novas, fixo de Rotterdam un porto de acceso máximo. O primitivo porto de pesca viviu durante a Guerra dos Oitenta Anos (ss XVI-XVII) a primeira grande expansión portuaria entre a cidade, o río e a desembocadura do Rotte. Pouco a pouco dirixiu as súas actividades comerciais cara a Francia e Inglaterra, e foi centro (s XVII) de inmigración de flamengos e alemáns. O desenvolvemento da rexión mineira do Ruhr fíxoa evolucionar, e converteuse nun porto de transbordo e de tránsito....

    VER O DETALLE DO TERMO