"SAU" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 171.

    1. Pertencente á orde dos alepisáuridos.

    2. Peixe da familia dos alepisáuridos.

    3. Familia de peixes da orde dos mitofiformes á que pertence o xénero Alepisaurus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes da familia dos alepisáuridos ao que pertence o lanzón vela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escultura grega atribuída a Praxíteles, coñecida a través das copias romanas do Musèe du Louvre, a dos Museos Vaticanos e a da Vila Albani.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado de Arabia que ocupa a maior parte da península e que limita con Xordania, Iraq e Kuwait ao N, co Golfo Pérsico, Qatar e os Emiratos Árabes Unidos ao NL, con Omán ao L e ao S, con Iemen ao S e SO e co Mar Vermello ao O (2.240.000 km2; 19.072.000 h [estim 1997]). A capital é Al-Riyād.
    Xeografía económica

    Conxuntura económica
    A economía saudita baséase, maioritariamente, na obtención do seu principal recurso natural: o petróleo, do que posúe o 26% das reservas mundiais e é o primeiro produtor mundial. Os cultivos son difíciles debido á falta de auga, polo que se concentran nos oasis e nas áreas litorais. O trigo é o principal cultivo, aínda que teñen grande importancia os dátiles, os produtos da horta (tomate e sandía) e a cebada. Durante a década de 1980 leváronse a cabo numerosas obras de irrigación co obxecto de aumentar a área cultivada, buscáronse novas fontes hídricas, concedéronse axudas financeiras aos agricultores...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Réptil da subclase dos arcosauros.

    2. Subclase de réptiles que tivo o seu apoxeo na era mesozoica. Caracterizábanse pola posesión de dúas fosas temporais no cranio e pola adaptación á locomoción bípeda da maioría dos individuos. Pertencen a esta subclase os dinosaurios, os pterosaurios e os crocodilos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘botar a perder’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa francesa de construcións aeronáuticas, constituída a raíz da fusión en 1971 dos Ateliers d’Aviation Louis Breguet (ou Breguet-Aviation) co grupo Marcel Dassault, que xa adquirira Breguet-Aviation no 1967. Fabrica avións civís (como o Mystère) e, sobre todo, avións militares Mirage, Jaguar, Alphajet e Super-Eténdard.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación común que reciben os dinosauros do xénero Bactrosaurus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de dinosauros da familia dos hadrosáuridos, propios de finais do Cretáceo, de ata 4 m de lonxitude, cabeza baixa, plana e sen crista, e bico estreito. Os xacementos principais atópanse en China e Mongolia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación común que reciben os dinosauros do xénero Barapasaurus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de dinosauros da familia dos cetiosáuridos, propios de principios do Xurásico. É un saurópodo de ata 15 m de lonxitude e dentes planos de bordo dentado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio do territorio de Bizkaia, Euskadi, drenado polo río Nerbión (48.490 h [1996]). Situado ao S de Bilbao, pertence á súa área metropolitana. No seu termo localízanse moitas empresas industriais, especialmente siderúrxicas e metalúrxicas, pero tamén fábricas de pneumáticos (Firestone) e de materiais de construción. O proceso industrializador principiou en 1892 coa instalación da empresa Basconia S A, dedicada á metalurxia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor canadense de procedencia xudía. É autor, entre outras, das Dangling man (Home en suspenso, 1944), The Aventures of Augie March (As aventuras de Augie March, 1953), Dean’s December (O decembro do decano, 1981), A theft (Un roubo, 1989) e Something to remember me by (Algo para recordarme, 1991). Premio Nobel (1976), a súa novela expón a loita do individuo norteamericano situado entre o rexeitamento da civilización moderna e a identificación co seu país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • XACEMENTOS

    Xacemento arqueolóxico da India, no distrito de Badāyūn (Uttar Pradesh), estudado por Lal. Deste sitio procede a chamada cerámica de Bisauli, da Idade do Bronce, caracterizada polo seu verniz vermello con decoración en negro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa de Guiné-Bissau, situada na beira setentrional do esteiro do río Geba, onde se atopa a capital do país, Bissau.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Guiné-Bissau, situada no litoral meridional da illa de Bissau, na beira setentrional do esteiro do río Geba (233.000 h [1995]). Porto fluvial e marítimo, posúe tamén aeroporto internacional. A economía depende das exportacións de madeiras duras, cacahuetes, arroz e cocos. Colonia fundada polos portugueses no s XVI, a partir do ano 1600 converteuse nun importante centro de tráfico de escravos. Desde 1941 a 1973 foi a capital da Guinea Portuguesa e a partir dese ano, logo da independencia, foi capital de Guiné-Bissau.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión administrativa de Guiné-Bissau (78 km2; 197.610 h [1991]). A capital é Bissau.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e banqueiro. Licenciado en Dereito e Económicas pola Universidad de Deusto. Presidente do consello de administración do Banco Santander Central Hispano (BSCH). Chegou ao Banco Santander en 1958 e foi nomeado conselleiro en 1960. En 1962 foi nomeado director xeral, vicepresidente segundo en 1971 e conselleiro delegado en 1977. Sucedeu a seu pai na presidencia do Banco en 1989. Pertence aos consellos de administración de Fuerzas Eléctricas de Cataluña, Compañía Española de Petróleo, Banco Comercial Español e Compañía Telefónica Nacional de España. É membro e vicepresidente do xurado dos Premios Príncipe de Asturias, membro do Bank Deposit Guaranty Foundation e da fundación Marcelino Botín. Foi galardoado coa Gran Cruz da Orden de Bernardo O’Higgins de Chile. En 1991 recibiu o Premio Futuro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e banqueiro. Licenciado en Dereito pola Universidad de Deusto. Vicepresidente segundo do Banco Santander Central Hispano (BSCH). Chegou ao Banco Santander en 1957 e en 1960 foi nomeado subdirector xeral. En 1965 entrou na xunta directiva do Banco Intercontinental (Bankinter), da que foi nomeado presidente en 1986. É membro da Fundación Marcelino Botín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e banqueiro. Fillo de Emilio Botín López, primeiro presidente do Banco de Santander, e de María Sanz de Sautuola y Escalante, descubridora das covas de Altamira. Licenciado en Dereito pola Universidad de Madrid. En 1929 foi nomeado conselleiro do Banco de Santander, accedeu á dirección do propio Banco en 1934 e foi nomeado presidente en 1950. En 1986 entregou a presidencia ao seu fillo Emilio, e en 1989 cedeu o cargo de vogal do consello de administración ao seu neto Emilio Botín-Sanz de Sautuola O’Shea. En 1965 creou o Banco Intercontinental (Bankinter); cedeu en 1986 a presidencia ao seu fillo Jaime e o cargo de vogal ao seu neto Marcelino Botín-Sanz de Sautuola y Nevada. Exerceu como presidente da Fundación Benéfica Marcelino Botín. Foi galardoado coa Gran Cruz ao Mérito Civil e coa Medalla de Oro do Consejo Superior de Cámaras de Comercio, Industria y Navegación de España.

    VER O DETALLE DO TERMO