Basauri
Basauri
Municipio do territorio de Bizkaia, Euskadi, drenado polo río Nerbión (48.490 h [1996]). Situado ao S de Bilbao, pertence á súa área metropolitana. No seu termo localízanse moitas empresas industriais, especialmente siderúrxicas e metalúrxicas, pero tamén fábricas de pneumáticos (Firestone) e de materiais de construción. O proceso industrializador principiou en 1892 coa instalación da empresa Basconia S A, dedicada á metalurxia.