"SETI" (Contén)
Mostrando 17 resultados de 17.
-
GALICIA
Pintor. De formación decimonónica, captou perfectamente o carácter do pobo galego. Presentou na Exposición General de Bellas Artes de Madrid de 1892 o cadro titulado A consulta d’o Abogado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Licenciado en Dereito pola Universidad de Valladolid, compaxinou a creación literaria, o xornalismo e a docencia como profesor de dereito mercantil na Escuela de Comercio de Valladolid. En 1936 ingresou na Escuela de Comercio e estudiou artes plásticas na Escuela de Artes y Oficios; dous anos máis tarde embarcou no cruceiro Canarias como mariñeiro, ata que regresou a Valladolid ao remate da Guerra Civil española. Foi caricaturista no xornal El Norte de Castilla, baixo o pseudónimo Max, do que foi nomeado director en 1958. A súa obra xira ao redor de dúas teses: a autenticidade da vida rural ante a civilización urbana e a morte como sentido último da vida. O estilo dos primeiros anos vacila entre a novela de tese, densa e lenta, e a de ritmo máis áxil. As súas obras traducíronse a multitude de idiomas (ruso, alemán, italiano, francés, sueco, checo, xaponés, etc) e da súa produción destacan, entre outras obras: La sombra del ciprés es alargada (Premio Nadal, 1948),...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cantante que utiliza a técnica do falsete.
-
PERSOEIRO
Erudito e historiador. Relixioso agostiño, publicou obras de teoloxía escolástica. No eido da historia concebiu La España Sagrada, obra da que escribiu os primeiros volumes. Tamén publicou, entre outras obras, Viaje de Ambrosio de Morales por orden de Felipe II... (1765) e Memoria de las reinas católicas; historia genealógica de la casa real de Castilla y León (1761).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
adventista do sétimo día.
-
REXIÓNS
Rexión xeográfica de Caucasia, dividida politicamente entre os estados de Xeorxia, onde forma a rexión autónoma de Ossetia Meridional, e Rusia, onde constitúe a república federal de Ossetia Setentrional. É unha rexión especialmente montañosa, con abundantes bosques foliáceos e prados alpinos e subalpinos. Está regada por unha importante rede de ríos que pertencen á conca do Terek e á do Kura. Destacan os cultivos de cereais, a horticultura e viticultura, e a gandaría. Conta ademais con industrias metalúrxicas non ferrosas, da madeira e alimentarias.
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión autónoma de Xeorxia que ocupa a parte sur da rexión xeográfica de Ossetia (3.900 km2; 100.000 h [estim 1991]). A súa capital é Ckhinvali (34.000 h [1990]).
VER O DETALLE DO TERMO -
REPUBLICAS
República de Rusia que ocupa a parte norte da rexión xeográfica de Ossetia (8.000 km2; 662.700 h [1997]). A súa capital é Vladikavkaz.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Relativo ou pertencente a Ossetia, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Ossetia.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo ossetio ou á súa lingua.
-
Individuo do pobo ossetio.
-
Pobo de orixe irano-caucásica establecido na rexión de Ossetia que se extinguiu baixo a influencia escita desde o s VII a C ata o s I. Pertenceu ao Imperio Tártaro desde finais do s XII e a finais do s XVIII comezou o seu proceso de rusificación, sobre todo nas cidades.
-
-
Lingua irania do phylum indoeuropeo que se fala en Ossetia e Xeorxia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Programa da NASA destinado a detectar hipotéticas civilizacións extraterrestres intelixentes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Stif.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten forma de seda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Intervalo de seis graos da escala diatónica. Pode estar formada por cinco tons e un semitón (sétima maior), por catro tons e dous semitóns (sétima menor), ou por tres tons e tres semitóns (sétima diminuída). En harmonía tradicional considérase unha disonancia.
-
PERSOEIRO
Emperador romano (193-211). Africano de orixe e dunha familia pertencente á orde ecuestre, recibiu (191) o goberno da provincia danubiana da Pannonia Superior. Proclamado emperador polas súas lexións despois do asasinato de Cómodo, marchou sobre Roma. Casado con Xulia Domna, filla dun sacerdote romanizado de Emesa, favoreceu a formulación do nexo milicia-provincia e recoñeceu xuridicamente diversas atribucións dos lexionarios. Mentres que a emperatriz centraba o movemento intelectual e relixioso, loitou contra os partos. Ao seu regreso a Roma, a situación económica e social empeorara ata o punto de que moitas bandas de escravos e de desertores devastaban Italia e as provincias. A súa morte, mentres dirixía unha campaña contra os rebeldes, testemuñou a lenta pero progresiva disolución do tecido conectivo do estado imperial.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ocupa o lugar número sete nunha serie.
-
Cada unha das sete partes iguais en que se divide un todo.
-
-
PERSOEIRO
Política, filla de Ahmet Sukarno. Dirixente indonesia do Partai Demokrasi Indonesia Perjuangan (PDI-P), nacionalista e laico, foi vicepresidenta (1999-2001) e presidenta (2001-2004) de Indonesia, nomeada en substitución de A. Wahis, que foi destituído tras ser acusado de corrupción.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador romano (211-212), fillo de Setimio Severo. Participou nunha expedición militar a Britania (208). Foi nomeado César (198) e Augusto (209), e despois dun ano de goberno compartido co seu irmán Caracalla, foi asasinado pola súa orde. Os seus partidarios sufriron unha persecución.
VER O DETALLE DO TERMO