Xeta, Publio Setimio

Xeta, Publio Setimio

Emperador romano (211-212), fillo de Setimio Severo. Participou nunha expedición militar a Britania (208). Foi nomeado César (198) e Augusto (209), e despois dun ano de goberno compartido co seu irmán Caracalla, foi asasinado pola súa orde. Os seus partidarios sufriron unha persecución.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Mediolanum, actual Milán