"STL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 25.
-
PERSOEIRO
Empresario inglés de circo. Creador do circo moderno, comezou como director dunha compañía ecuestre. En 1770 adquiriu un terreo en Londres onde construíu unha pista circular ao aire libre que, en 1779, se converteu nun anfiteatro permanente de madeira, o Astley´s Royal Amphitheatre. En 1782 marchou para Francia e edificou o primeiro circo parisiense.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto alemán. En 1724 estableceuse en Irlanda onde traballou con Edward Lovet Pearce no Parlamento de Dublín. Entre as súas obras destacan a Tyron House (1740-1745) e a Leinster House (1745) de Dublín, así como as casas de campo Carton (1739) e Russborough (1741).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Produtor e realizador norteamericano. Especializado nos westerns e no cine de terror, obtivo un enorme éxito coas súas producións nos anos sesenta. Dirixiu, entre outras, as películas Chance of a Lifetime (Cambio de vida, 1943), It’s a Small World (É un mundo pequeno, 1950), Charge of the Lancers (A carga dos lanceiros, 1954), The Houston Story (A historia de Houston, 1956), The Night Walker (A camiñante da noite, 1964) e Shanks (Canas, 1974).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico norteamericano. Foi profesor en Harvard e escribiu varios traballos sobre a fisiopatoloxía das anemias de tipo pernicioso. Demostrou a existencia do chamado factor intrínseco de Castle, formado na mucosa gástrica e duodenal, que capta o factor extrínseco (vitamina B12), necesario para a eritropoese normal.
VER O DETALLE DO TERMO -
DISTRITOS
Distrito de Irlanda do Norte, Reino Unido (85 km2; 58.000 h [estim 1988]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Robert Stewart.
-
VER O DETALLE DO TERMO
A Unión Demócrata Cristiá xurdiu en Alemaña nas cidades de Berlín, Colonia e Düsseldorf no ano 1945. Integrada fundamentalmente por católicos e protestantes, gobernou na República Federal de Alemaña coa colaboración da Christlich-Soziale Union bávara desde o ano 1949. Os chanceleres K. Adenauer, L. Erhard e K. G. Kiesinger desenvolveron unha economía social de mercado na que o estado vixiaba as operacións e evitaba a desigualdade. Nas eleccións de 1969 a CDU pasou á oposición, presidida desde 1973 por H. Köhl. O partido chegou novamente ao poder no ano 1982 e gobernou en coalición co Partido Liberal. Reafirmou o seu liderado ao vencer nas primeiras eleccións da Alemaña reunificada no 1990. O chanceler H. Köhl, inspirador da política do partido no proceso de reunificación, permaneceu no poder e á fronte do partido ata 1995.
-
PERSOEIRO
Cirurxián inglés. Discípulo de John Hunter, realizou traballos sobre a anatomía das rexións herniarias, que o levaron ao descubrimento da hernia de Cooper, e sobre as vías de abordaxe das arterias. Introduciu un gran número de novas técnicas cirúrxicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor norteamericano. Comezou na narrativa coa novela The enormous room (O cuarto enorme, 1922), pero coñécese fundamentalmente pola súa poesía. A súa obra destacou polo carácter experimental e innovador, apoiado no dominio dunha técnica moi persoal baseada na minuciosa elaboración das formas poéticas e na atención a temas pouco tratados polos seus contemporáneos. A incorporación aos seus poemas de elementos tomados das artes plásticas, do ballet e mesmo do cine, como a concepción do espacio, dos planos diversos ou do movemento, achegárono á estética das vangardas históricas europeas. Os poemarios Tulips and chimneys (Tulipáns e chemineas, 1923), XLI Poems (XLI Poemas, 1924) e & (1925) constitúen o que a crítica considerou a súa primeira etapa, na que a sensibilidade e o sentimentalismo melancólico se combinan coa ironía e o cinismo, características comúns a toda a súa poética, en composicións que tratan de forma innovadora e atrevida temas universais,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador de arte e pintor inglés. Formouse con B. R. Haydon, e deuse a coñecer co cadro de historia Napoleon on board the Bellerophon (Napoleón sobre o Bellerophon, 1815). Foi bibliotecario (1842-1844) e presidente da Royal Academy (1850), e conservador (1843-1847) e primeiro director da National Gallery (1855-1865). Escribiu, entre outras obras, Materials for a history of oil painting (Materiais para unha historia da pintura ao óleo, 1847) e Contributions to the literature of Fine Arts (Contribucións aos escritos sobre Belas Artes), publicado postumamente pola súa dona en 1870. Recibiu o título de sir. O seu sobriño, Charles Locke Eastlake (1836-1906), foi conservador na National Gallery (1878-1898) e autor, entre outras obras, de Hints on household taste (Indicacións sobre o gusto doméstico, 1868) e A history of the gothic revival (Historia do neogótico, 1871).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo. Especializado na lírica trobadoresca europea, diplomouse na Universidade de Aberdeen (1916) e, despois de combater na Primeira Guerra Mundial, continuou os seus estudios na Universidad de Madrid (1920-1921). Comezou a súa carreira docente na Universidade de Manchester (1921-1925), e logo exerceu como profesor de castelán nas universidades de Glasgow e Oxford. Entre as súas obras destacan: The Arthurian Legend and the Literatures of the Spanish Peninsula (1925), The Spanish Language, together with Portuguese, Catalan and Basque (1936), unha ampla análise sobre as linguas hispánicas desde o período prerromano, e European Balladry (1939), estudo sobre a poesía popular trobadoresca do Reino Unido e da Europa continental. Entre os manuais de pedagoxía destacan Spain, a Companion to Spanish Studies (1929) e Handbook to the Study and Teaching of Spanish (1938). Ademais escribiu Cervantes (1940), The Literature of England, A.D....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico francés. Descubriu e desenvolveu métodos para o estudo dos efectos das ondas hertzianas de baixa frecuencia sobre os átomos (resonancia hertziana), traballo polo que se lle outorgou o Premio Nobel de Física en 1966; este traballo permitiulle posteriormente descubrir o máser e o láser, e desenvolver outra forma de medir campos magnéticos débiles. Opúxose á construción da bomba atómica e traballou a favor da independencia alxeriana.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Budapest 1905 - Londres 1983) Escritor húngaro. Pertenceu durante corenta anos ao Partido Comunista, e nas súas novelas e reportaxes realiza análises críticas. Escribiu, entre outros traballos, Spanish Testament (1937), Arrival and Departure (1943) e The Lotus and the Robot (1960). Publicou tamén Life after Death (1976), Bricks to Babel (1980) e Kaleidoscope (1981).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Novela en que se relata o proceso de maduración que corresponde á xuventude dun artista. Trátase dunha variedade do bildungsroman que se orixina no Romanticismo alemán. O exemplo clásico é Retrato do artista cando novo (1916), de James Joyce.
-
PERSOEIRO
Astrónomo alemán. Partidario do sistema heliocéntrico de Copérnico, convenceu a J. Kepler. Indicou as posibles causas da luz cinsenta da Lúa. En 1596 editou o Mysterium cosmographicum de Kepler.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa suíza, pioneira no sector das industrias alimentarias, con domicilio en Vevey. Formada como consecuencia da fusión en 1905 da Anglo Swiss, Condensed Milk Co (fundada en 1868) e a Henry Nestlé SA (fundada o mesmo ano), tomou a denominación actual en 1977. Dedicada inicialmente á produción de leite condensado e fariñas lácteas, ampliou a súa actividade coa compra doutras empresas do mesmo sector: Peter Cailler-Chocolates Suisses (1929), Maggi (1947), Findus Internacional (1962, alimentos conxelados), Libby (1970, zumes de froita), Buitoni-Perugina (1988, pastas), Source Perrier (1992, auga embotellada) e doutros como Alcon Laboratoires (produtos farmacéuticos) e l’Oréal (produtos cosméticos). Comercializa tamén alimentos infantís e xeados. En 1905 instalouse a primeira fábrica en España, en La Penilla (Cantabria). Conta cunha planta en Pontecesures.
-
CIDADES
Cidade do estado de Novo Gales do Sur, Australia, situada no esteiro do río Hunter (479.300 h [1996]). Posúe industrias siderúrxicas, metalúrxicas, alimentarias e téxtiles.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade de Staffordshire, Inglaterra, Reino Unido, situada á beira do río Lyme (122.314 h [1996]). Destacan as minas de carbón.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do condado metropolitano de Tyne and Wear, Inglaterra, capital do condado de Northumberland (259.573 h [2001]). Antiga fortaleza romana e medieval á beira do esteiro do Tyne, grazas á proximidade dos depósitos de carbón converteuse nun importante centro industrial. Conserva algúns monumentos, como a catedral (s XIII) e a igrexa de Saint Andrew (ss XII-XIII).
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa do arquipélago Svalbard, no Océano Ártico (14.530 km2). Foi descuberta no s XVI por Willem Barents.
VER O DETALLE DO TERMO