Eastlake, Charles Lock
Historiador de arte e pintor inglés. Formouse con B. R. Haydon, e deuse a coñecer co cadro de historia Napoleon on board the Bellerophon (Napoleón sobre o Bellerophon, 1815). Foi bibliotecario (1842-1844) e presidente da Royal Academy (1850), e conservador (1843-1847) e primeiro director da National Gallery (1855-1865). Escribiu, entre outras obras, Materials for a history of oil painting (Materiais para unha historia da pintura ao óleo, 1847) e Contributions to the literature of Fine Arts (Contribucións aos escritos sobre Belas Artes), publicado postumamente pola súa dona en 1870. Recibiu o título de sir. O seu sobriño, Charles Locke Eastlake (1836-1906), foi conservador na National Gallery (1878-1898) e autor, entre outras obras, de Hints on household taste (Indicacións sobre o gusto doméstico, 1868) e A history of the gothic revival (Historia do neogótico, 1871).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Plymouth -
Deceso
Lugar : Pisa