"Saar" (Contén)
Mostrando 8 resultados de 8.
-
RIOS
Río situado en Europa Central, afluente pola dereita do Moselle (240 km). Nace nos Vosgos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Coñecido como narrador e poeta lírico, da súa obra destacan Novellen aus Österreich (Contos de Austria, 1877) e os poemas Wiener Elegien (Elexías vienesas, 1893).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do land de Saarland, Alemaña, situada a ambas as dúas ribeiras do río Saar (183.836 h [2000]). É un importante centro industrial de siderurxia, metalurxia e maquinaria e un centro cultural con escolas técnicas, museos e bibliotecas.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa situada no Mar Báltico, diante do golfo de Rīga, que pertencente a Estonia (2.714 km2).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto finlandés, fillo de G. E. Saarinen. Instalouse en EE UU co seu pai (1923), con quen colaborou, e naturalizouse estadounidense. No Technical Center da General Motors, en Warren (1951-1957), utillizou un formulismo racionalista, pero en obras posteriores non puido afastarse de connotacións manieristas e historicistas medievais, como nas residencias para estudantes da University of Pennsylvania (1957-1960), a embaixada de EE UU en Londres (1955-1960) e os colleges da Yale University. Realizou tamén as terminais da TWA, no aeroporto Idlewild (actual John F. Kennedy) de Nova York (1956-1962), e do aeroporto Dulles de Washington (1961- 1962).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto finlandés, pai de E. Saarinen. Estudou pintura e arquitectura, e en 1896 asociouse con H. Gasellins e A. Lindgren. Foi autor da estación de tren de Helsinqui (1904-1914) e do proxecto para o edificio do Chicago Tribune (1922), que lle abriu as portas a EE UU, onde se instalou en 1923. Foi profesor na University of Michigan e director (1923-1948) da Cranbrook Academy of Art, para a que construíu diversos edificios. En 1938, asociado co seu fillo, superou a influencia medieval e realizou unha arquitectura máis racionalista, como o Music Hall de Buffalo (1938) e a Christ Lutherian Church de Minneapolis (1949-1950). Colaborou no proxecto do centro técnico da General Motors, en Detroit (1949), que acabou o seu fillo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Land do O de Alemaña, situado entre o land de Renania-Palatinado e a fronteira con Francia e Luxemburgo (2.568 km2; 1.061.000 h [estim 2003]. A súa capital é Saarbrücken. A riqueza mineira, grazas ao seu desenvolvemento industrial, explica o seu crecemento demográfico. As industrias tradicionais son a siderurxia e a química, pero tivo tamén un importante incremento as industrias de transformación. A Tregua de Ratisbona (1684) creou a provincia francesa de Sarre, adherida aos territorios de Luís XIV pero, polo Tratado de Rijswijk (1697), Francia viuse forzada a devolver os territorios conquistados. Na Revolución Francesa, as tropas francesas volveron ocupar Saarland, pero coa derrota final de Napoleón I (1815), a maior parte do territorio foi cedido a Prusia. Despois da Primeira Guerra Mundial foi posto baixo a administración da Sociedade de Nacións, pero no plebiscito de 1935, máis do 90% dos seus habitantes votaron polo retorno a Alemaña. Ocupado...
-
PERSOEIRO
Escritor estoniano. A súa obra retrata a vida nacional de ambiente campestre, con agudas anotacións psicolóxicas. Destacan Kōrboja peremees (Campesiños de Korboja, 1922) e Tode ja Ogus (Verdade e xustiza, 1962-1963), un ciclo de cinco novelas sobre as vicisitudes do pobo estoniano ao longo de tres xeracións.
VER O DETALLE DO TERMO