Saarinen, Gottlib Eliel

Saarinen, Gottlib Eliel

Arquitecto finlandés, pai de E. Saarinen. Estudou pintura e arquitectura, e en 1896 asociouse con H. Gasellins e A. Lindgren. Foi autor da estación de tren de Helsinqui (1904-1914) e do proxecto para o edificio do Chicago Tribune (1922), que lle abriu as portas a EE UU, onde se instalou en 1923. Foi profesor na University of Michigan e director (1923-1948) da Cranbrook Academy of Art, para a que construíu diversos edificios. En 1938, asociado co seu fillo, superou a influencia medieval e realizou unha arquitectura máis racionalista, como o Music Hall de Buffalo (1938) e a Christ Lutherian Church de Minneapolis (1949-1950). Colaborou no proxecto do centro técnico da General Motors, en Detroit (1949), que acabou o seu fillo.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Rantasalmi

  • Deceso

    Lugar : Cranbrook, Michigan