"Sagra" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 39.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Toledo, Castela -A Mancha, na beira do Texo (2.797 h [1996]). Cultivos de cereal e vide. Xacementos de xeso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ferraxe de dúas pezas que enlaza as follas de portas e fiestras cos seus marcos. A bisagra facilita o movemento xiratorio das portas, fiestras e outras cousas que se abren e pechan. A peza longa que se fixa en sentido horizontal cando é máis grande ca a outra chámase macho, e a pequena que se coloca verticalmente chámase femia, e nela encaixa o pasador do macho.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore caducifolia norteamericana que acada os 15 m de altura. As follas, rematadas en punta, de ata 16 cm de lonxitude, son alternas e ovadas con marxe dentada e base redondeada. As flores teñen cinco pétalos verdosos que se dispoñen en inflorescencias en umbela e dan lugar a froitos negros de 6 mm de diámetro. A cortiza seca contén emodina e úsase como laxante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor italiano. Estudou na Accademia di Belli Arti de Palermo (1938-1944). Instalado en Roma, foi un dos fundadores do grupo Forma (1947). A súa obra revelou as influencias vangardistas do cubismo e do futurismo, e unha tendencia á non figuración. Empregou a madeira, o ferro e o bronce. Escribiu diversos ensaios de plástica escultórica, entre os que destaca Consagra che scrive: scritti teorici e polemici, 1947-1989 (Consagra escribe: escritos teóricos e polémicos, 1947-1989, 1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de consagrar ou consagrarse.

    2. Momento da misa no que se recitan as fórmulas de institución da Eucaristía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de consagrar ou consagrarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen consagra.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Dedicar unha persoa ou unha cousa sagrada a un fin ou a un uso sagrado mediante o rito adecuado.

      2. Pronunciar sobre o pan e o viño as palabras da institución da Eucaristía para así convertelos no Corpo e Sangue de Cristo.

    1. Dedicar algunha cousa a unha actividade que require dedicación e constancia.

    2. Acadar alguén reputación nalgún ámbito.

    3. Establecer algo de xeito firme ou duradeiro.

    4. Dedicarse totalmente a unha actividade, especialmente cando implica un esforzo ou un logro importante.

    5. Consolidarse ou pasar a ter prestixio alguén nunha actividade concreta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Representación de Xesucristo como símbolo do seu amor humano e divino. Os cartuxos, os xesuítas e as relixiosas da Visitación tentaron estender a súa devoción, que parte das visións das santas Matilde e Xertrude (s XIII) e da santa Margarida María de Alacoque (s XVII), e que tivo unha primeira elaboración teolóxica na obra de Jean Eudes. Clemente XIII aprobou facultativamente o culto (1765), que estendeu despois a toda a Igrexa católica Pío IX (1856).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que desagrada ou que non resulta agradable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Causar desagrado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desagradecer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Non amosar ou non ter agradecemento por algo recibido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de desagradecer.

    2. Que non amosa o agradecemento debido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sensación ou actitude negativa que amosa falta de agrado, gusto ou vontade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reparar un agravio ou dano ocasionado a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de desagraviar.

    2. Emenda que repara o agravio feito con anterioridade ao lle dar ao ofendido satisfacción, mediante a sentenza dun tribunal superior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra do crego valisoletano Enrique Flórez titulada La España Sagrada, o teatro geográfico-histórico de la Iglesia de España. Comezouse a publicar en 1747, cada un dos volumes é independente, e neles analízase a historia das sés metropolitanas e de cada diocese. Flórez escribiu os 27 primeiros volumes. Dende 1772 continuaron a obra os seus compañeiros agostiños Manuel Risco (ata o tomo 42), Antolín Merino e José de la Canal (43-46). En 1836 a Real Academia de la Historia asumiu a responsabilidade da súa redacción, a partir do tomo 47.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de santa María que dá nome ao concello da Fonsagrada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello cabeceira da comarca homónima, situado na provincia de Lugo no extremo oriental da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N cos concellos da Pontenova (A Mariña Oriental) e Taramundi (Principado de Asturias), ao L con Santa Eulalia de Oscos (Principado de Asturias) e Negueira de Muñiz (A Fonsagrada), ao S con Navia de Suarna (Os Ancares) e Baleira (A Fonsagrada), e ao O con Ribeira de Piquín (Meira) e Baleira. É o concello máis extenso de Galicia, pois abrangue unha superficie de 438,4 km 2 , cunha poboación de 4.748 h (2007), distribuídos nas parroquias da Allonca, A Bastida, Bruicedo, Carballido, Cereixido, Cuíñas, Fonfría, A Fonsagrada, Freixo, Lamas de Campos, Lamas de Moreira, Maderne, Monteseiro, Pacios, O Padrón, Paradavella, Piñeira, A Proba de Burón, San Martín de Arroxo, San Martín de Suarna, San Pedro de Neiro, San Pedro de Río, Santo André de Logares, A Trapa, O Trobo, A Veiga de Logares, Vieiro, Vilabol de Suarna e O Vilar da Cuíña. A capital municipal...

    VER O DETALLE DO TERMO