"Salazar" (Contén)

Mostrando 13 resultados de 13.

  • PERSOEIRO

    Político. Deputado ás Cortes (1884) polo Partido Conservador e senador por Lleida (1898), Alcalde de Madrid (1900); Ministro de Finanzas (1901), de Instrución Pública (1902), de Agricultura (1903) e de Estado (1907). En 1919-1920 formou un goberno de coalición que se adheriu á Sociedade de Nacións, creou o Tercio de Estranxeiros e secundou o bloqueo dos aliados contra a Unión Soviética. Despois do asasinato de Eduardo Dato (1921) formou un novo goberno, pero as derrotas militares de Annual e Monte Arruit fixérono demitir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Catedrático da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela, de onde pasou a Granada e Madrid. Doutorouse no 1850 coa tese titulada Del empirismo. Escribiu sobre temas médicos e políticos nos xornais El Amigo del País, La Verdad e La Discusión. Publicou Manual de Medicina operatoria, fundada en la Anatomía normal y patológica, por J.F. Malgaine, trad. de la 4ª y última edición y aumentada con varios procedimientos de autores españoles (1848).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista, notario e escritor. Traballou como notario, primeiro na Coruña e despois en Madrid. Tamén traballou para o Goberno na elaboración de estatísticas das provincias de Guadalajara, Cuenca e Toledo. Tras este labor foi interventor da Comisión do Mapa Xeolóxico de España e Oficial Primeiro na Dirección de Agricultura, Industria e Comercio. Participou como membro da Sociedade de Autores Dramáticos de Madrid e da Academia de Ciencias e Artes de Granada, foi socio de mérito do Liceo Artístico e Literario de Granada, entre outras distincións, e dirixiu os xornais Guía del Miliciano Nacional e Diario Popular. Publicou o estudo Historia crítica del reinado de D. Pedro de Castilla y su completa vindicación, sacada de las obras que más le acriminaron y especialmente de la que premió la Real Academia Española en el certamen de 2 de marzo de 1850 (1852); e as novelas La familia errante, en tres entregas (1853-1854-1855) e El honor castellano (1855),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. No conservatorio de Madrid formouse como director de orquestra con Pérez Casas e en 1955 ingresou no corpo de bandas de música da Armada. Dirixiu a orquestra de cámara de Xuventudes Musicais de Palma de Mallorca, a banda de música da Escola Naval (1968) e a Coral Polifónica de Pontevedra, cargo no que permaneceu ata 1976. A súa achega á música galega é notoriamente importante como compositor e como harmonizador de melodías. Acadou numerosos premios musicais dentro e fóra de España, e as súas obras son interpretadas por agrupacións sinfónico-polifónicas de varios países. Entre a súa produción coral destacan: Tres cantigas de Pontevedra, Estando cosendo, Aquel que saleu agora e Canta ti. Tamén harmonizou a melodía popular Ábreme a portiña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista e cronista. Estudiou en Salamanca e exerceu como profesor na Universidad de Osuna. Emigrou a México onde foi cronista da capital, cóengo e reitor da Universidad de México. As súas ampliacións e traducións de Fernán Pérez de Oliva, Luís Mexía e Luís Vives publicáronse en 1546 baixo o título de Obras que Francisco Cervantes Salazar ha hecho, glosado y traducido. É tamén autor da Crónica de la Nueva España (1914).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe de orixe galega que se asentou en Santa María (Melide).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquiveiro e editor. Logo de estudar a carreira de Diplomática nas escolas superiores de Oviedo e Madrid, ingresou en 1865 no Arquivo do Ministerio de Gobernación. En 1872 trasladouse ao Arquivo do Reino de Galicia, na Coruña, onde comezou a súa estreita amizade con Manuel Murguía. Desde esta ocupación profundizou na campo da historiografía, baseándose na recollida de documentación tratada de forma sistemática e detallada. Nese proceso de investigación tirou do prelo numerosos estudios con documentación inédita, como Crónica Troyana. Códice gallego del siglo XIV (1900), Fragmentos de un nuevo códice gallego de “Las Partidas” (1910), Documentos gallegos de los siglos XIII al XV (1911) e Documentos gallegos del Archivo Municipal de La Coruña (1915). No eido da investigación lingüística e histórica, cómpre salientar Antiguallas de Galicia. Los nombres de La Coruña (1889), “La fauna en la toponimia gallega” (1912-1913) e De la Guerra de la Independencia en Galicia (1953). Colaborador de diversas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariño e político. Participou nas expedicións de Xoán de Lángara (1772 e 1774) e en 1783 ascendeu a xefe de escuadra. Defendeu Cádiz (1797) contra a escuadra de Horatio Nelson e en 1801 foi separado do servicio, a petición de Napoleón I Bonaparte, por opoñerse aos seus plans navais. En 1808 Xosé I Bonaparte nomeouno ministro de Mariña e en 1809 delegado rexio para organizar Galicia. Na Coruña anunciou o resarcimento dos gastos ocasionados pola guerra e os abusos franceses, pero o seu labor diplomático foi inútil e tivo que fuxir xunto cos franceses cando os exércitos populares se fixeron coa situación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • António de Oliveira Salazar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LIÑAXES

    Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de goles, trece estrelas de prata, de oito raios, colocadas en tres paus de catro, cinco e catro. Outra trae, en campo de ouro, trece estrelas de goles, colocadas en tres paus de catro, cinco e catro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor salvadoreño. Coñecido como Salarrué, dedicouse sobre todo ao relato. Publicou Cuentos de barro (1933), Trasmallo (1954), Cuentos de cipotes (1958) e La espada y otras narraciones (1960).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante. Coñecido como Rafael Farina, realizou diversos espectáculos como El cante ya tiene rey (1956) e Arte español (1968). Participou nos filmes Café de chinitas, Puente de Coplas e La Copla andaluza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Economista e político portugués. Catedrático de Economía na Universidade de Coimbra, foi deputado (1921) e, tras o golpe de estado de 1926, converteuse en ministro de Facenda, pero dimitiu pouco despois. Chamado novamente polo presidente António Óscar de Fragoso Carmona (1928), nun ano equilibrou o orzamento estatal e desenvolveu unha política de austeridade que levou ao país ao estancamento. Converteuse en primeiro ministro en 1932 e inspirou a Constitución de 1933, que estableceu o Estado Novo con fundamentos corporativistas, nacionalistas e autoritarios e instaurou unha férrea ditadura. Apoiou ao bando franquista na Guerra Civil Española e durante a Segunda Guerra Mundial mantivo neutral Portugal. As guerras pola independencia das coloniais iniciadas en 1961 levaron ao país á bancarrota. Enfermo, en 1968 foi substituído polo seu ministro Marcelo José das Neves Caetano.

    VER O DETALLE DO TERMO