Amado Salazar, Xosé María

Amado Salazar, Xosé María

Xornalista, notario e escritor. Traballou como notario, primeiro na Coruña e despois en Madrid. Tamén traballou para o Goberno na elaboración de estatísticas das provincias de Guadalajara, Cuenca e Toledo. Tras este labor foi interventor da Comisión do Mapa Xeolóxico de España e Oficial Primeiro na Dirección de Agricultura, Industria e Comercio. Participou como membro da Sociedade de Autores Dramáticos de Madrid e da Academia de Ciencias e Artes de Granada, foi socio de mérito do Liceo Artístico e Literario de Granada, entre outras distincións, e dirixiu os xornais Guía del Miliciano Nacional e Diario Popular. Publicou o estudo Historia crítica del reinado de D. Pedro de Castilla y su completa vindicación, sacada de las obras que más le acriminaron y especialmente de la que premió la Real Academia Española en el certamen de 2 de marzo de 1850 (1852); e as novelas La familia errante, en tres entregas (1853-1854-1855) e El honor castellano (1855), entre outras que deixou manuscritas.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Lubre, Betanzos

  • Deceso

    Lugar : Madrid