"Salt" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 65.

  • Fervenza do río Churun, subafluente do Caroní, no altiplano da Güaiana. Está considerado o máis alto do mundo (810 m). A rexión e a fervenza foron exploradas por vez primeira no ano 1927 por Joan Mundó i Freixes e Feliu Cardona. Leva o nome do estadounidense J. C. Ángel, o primeiro piloto que a sobrevoou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor. Cofundador do Círculo de Estudios Marxistas (1927). Caída a ditadura de Primo de Rivera cofundou o Bloc Obrer i Camperol. Durante a Guerra Civil española (1936-1939) foi un dos xefes da columna do POUM que operou na fronte de Aragón. Colaborou en numerosos xornais e foi tradutor, prologuista e anotador de obras como El comunismo y la cuestión nacional y colonial (1930) na que se recollen textos de Lenin, Stalin e Bukharin, e Crítica del programa de Gotha (1936) de Marx, e autor de De Pi i Margall al comunismo (1931).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que asalta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen asalta.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Invadir impetuosamente un lugar, praza, fortaleza ou posición inimiga para conquistalo.

      2. Acometer repentinamente e por sorpresa a alguén ou algún sitio coa intención de roubar.

    1. Dirixirse a alguén insistentemente unha ou varias persoas con preguntas, rogos, peticións, etc.

    2. Sobrevir a alguén de súpeto un pensamento, unha idea, unha dúbida, a morte, unha enfermidade, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de asaltar.

    2. Fase resolutiva do ataque na que as tropas máis avanzadas se precipitan sobre as posicións inimigas.

    3. Cada un dos períodos de tres minutos nos que se divide un combate de boxeo ou calquera outro deporte de combate.

    4. En esgrima, acometida que se fai avanzando ao mesmo tempo o pé dereito e a arma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Francisco González y de Bassecourt.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte dos Ancares, situado no límite entre as parroquias de Vilapún e Vilasante, concello de Cervantes. Ten unha altitude máxima de 843 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao basalto.

    2. Que está formado de basalto.

    3. Conxunto de rochas extrusivas que agroman na superficie e que, ao se arrefriar, adoptan unha forma prismática semellante a columnas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é análogo pola forma ao basalto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rocha ígnea efusiva básica de gran fino, dunha elevada densidade e cor escura. Está constituída por plaxioclasa cálcica e por piroxeno, con ou sen olivina. O principal mineral accesorio é a magnetita. O basalto alcalino é típico das illas volcánicas (arco de illas). O basalto pouco alcalino (toleítico) é o máis estendido e constitúe as grandes coadas continentais e submarinas; estas últimas son de grande importancia xa que forman o fondo dos océanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é semellante ao basalto pola súa forma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. De formación autodidacta, presenta un estilo persoal na pintura de paisaxes que o achegan a Galicia no uso dunha cor marcadamente sensorial e na creación dunha atmosfera dacabalo entre o real e o irreal. Foi cofundador da revista e do grupo Desnivel. Dende 1978 realizou diversas exposicións e dende 1986 é profesor de debuxo e pintura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral meridional da parroquia de Redonda, no concello de Corcubión, situada entre o cabo da Nasa, ao O, e o cabo de Cee, ao L.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos eopsáltridos.

    2. Ave da familia dos eopsáltridos.

    3. Familia de aves, da orde dos paseriformes, que oscila entre os 14 e 18 cm de lonxitude; as máis das especies teñen a cabeza e o lombo escuros, e os machos caracterízanse por ter o peito vivamente coloreado de vermello ou amarelo. Son de hábitos insectívoros e buscan as súas presas principalmente no chan. Abrangue 34 especies distribuídas por Australia e Asia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista. Asinou as súas obras en castelán como Luis Michelena. Foi catedrático de Lingüística Indoeuropea na Universidad de Salamanca e de   Lengua e Literatura Vasca e Lingüística Indoeuropea na Universidad del País Vasco. Está considerado un especialista da lingua vasca e baixo a súa dirección levouse a cabo o proceso de normalización do éuscaro que deu como resultado o chamado euskara batua(‘éuscaro unificado’), un modelo de lingua baseado na tradición literaria central (guipuscoano-navarro-labortana). Da súa produción destacan Historia de la literatura vasca (1960), Fonética histórica vasca (1961) e Sobre el pasado de la lengua vasca (1964). Realizou o Dicionario general vasco, a súa grande obra, xunto con Ibon Sarasola, do que se publicou o primeiro volume en 1987. A selección da súa obra en éuscaro foi recollida en Mitxlelenaren idazlan hautatuak (Obras escollidas de Mitxelena, 1972). Foi membro da Euskaltzaindia e membro correspondente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á carga pousada sobre outra ou sobre unha partición ou repartición, das que sobresae ou só cobre en parte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sobresaír, distinguirse entre un conxunto.

    2. Pór de relevo ou destacar algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de resaltar.

    2. Parte que sobresae interrompendo a lisura dunha superficie

    3. Parte saínte dun elemento no paramento ou fachada.

    4. Onda producida na superficie líquida dos canais pouco profundos, ante determinadas condicións da velocidade da corrente e da profundidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Girona, Catalunya (21.238 h [2001]). As actividades agrícolas e gandeiras son pouco importantes debido ao desenvolvemento industrial. Ademais do tradicional sector téxtil, iniciado a mediados do s XIX, hai industrias de alimentación, químicas, metalúrxicas e da construción.

    VER O DETALLE DO TERMO