"Salvaterra" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Salvaterra de Miño baixo a advocación de san Lourenzo, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca do Condado, situado no S da provincia de Pontevedra, no SO da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N cos concellos de Ponteareas e Mondariz (ambos os dous na comarca do Condado), ao S co río Miño e Portugal, ao L coas Neves (comarca do Condado) e A Cañiza (comarca da Paradanta), e ao O con Salceda de Caselas (comarca de Vigo) e Tui (comarca do Baixo Miño). Abrangue unha superficie de 62,5 km2cunha poboación de 8.761 h (2007), distribuída nas parroquias de Alxén, Arantei, Cabreira, Corzáns, Fiolledo, Fornelos, Leirado, Lira, Lourido, Meder, Oleiros, Pesqueiras, Porto, Salvaterra, Soutolobre, Uma e Vilacova. A súa capital é a vila de Salvaterra, situada a 42° 05’ 06’’ de latitude N e 8° 30’ 01’’ de lonxitude O, que dista 62,5 km da capital provincial e 31 km da cidade de Vigo. Está adscrito á diocese de Tui-Vigo e ao partido xudicial de Ponteareas.
    Xeografía física
    Salvaterra de Miño está enclavado no val do río Tea, na súa confluencia...

    VER O DETALLE DO TERMO