"San Fiz" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 24.

  • IGREXAS

    Igrexa do concello de Ponteceso que conserva algúns restos románicos, sobre todo nos canzorros do beiril da ábsida e nunha porta lateral. O resto da construción é de época moderna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa románica do s XIII (1225 - 1230). Só conserva da fábrica medieval unha fiestra situada no muro sur da ábsida actual que remata nun arco de medio punto adornado con botóns e rodeado dunha chambrana cuberta por un festón de arquiños semicirculares. Está sostido por columnas de basas áticas e capiteis vexetais, un deles con entrelazo; o tímpano que se forma no centro do arco ornaméntase cunha roseta de botón central.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro de monxas beneditinas situado en Pantón, tamén coñecido coa advocación de san Pedro. A súa data de fundación é incerta, inda que xa aparece nomeado en documentos dos primeiros anos do s XII. Trala morte da abadesa Inés López, anexionouse a San Paio de Antealtares en 1515. Só se conserva a súa igrexa, románica de transición ao gótico. A actual planta é de cruz latina cunha nave lonxitudinal e outra no cruceiro. A cabeceira é tripartita, as capelas laterais son rectangulares e a central é semicircular, no interior, e poligonal, no exterior. Entre os monumentos funerarios conservados nas capelas destaca a estatua orante de Rodrigo López de Quiroga do s XVII. O arco triunfal é de medio punto dobrado. Na igrexa consérvase un calvario, posiblemente datado nos primeiros anos do s XIV, procedente dunha pequena capela situada cerca do mosteiro. Está realizado en madeira policromada e consta de tres figuras de tamaño case natural: Cristo rodeado da Virxe María e san Xoán. A figura...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Cervantes. Ten planta rectangular con tres naves: a central, sostida por dúas columnas octogonais e piares cadrados, e cun coro de madeira aos pés, e dúas laterais. O presbiterio cóbrese con bóveda de canón elevada. No interior destaca o retablo maior renacentista, con dous corpos con imaxes da Piedade (s XVI), san Xoán e a Virxe. Nunha das capelas laterais consérvanse algúns sepulcros. No exterior destaca no lado S a torre de planta cadrada e dous corpos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Mazaricos. Construción barroca do s XVIII, ten planta de salón con tres tramos cubertos cunha bóveda de canón. A capela maior cóbrese cunha bóveda de aresta. No lado L do presbiterio engadiuse un corpo que funciona como sancristía. No exterior destaca a fachada rematada cunha torre campanario de planta cadrada, coroada por unha lanterna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en Santiago de Compostela. Foi fundado polo bispo Sisnando I e a igrexa que se conserva foi reedificada polo mesmo bispo no s X e, en 1122, por Xelmírez. Posúe unha soa nave, de estilo románico con tímpano de entrada, labrado polo mestre Paris (1316) e modificado posteriormente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en San Amaro. De estilo románico, ten unha soa nave e ábsida rectangular. No presbiterio conta cun arco de medio punto peraltado e unha bóveda nervada de estilo gótico. Na fachada destaca un escudo e a dobre arquivolta sobre a porta. A espadana remata nunha cruz patriarcal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Bóveda. Construída no s XVI, foi modificada en séculos posteriores. Edificouse en cachotaría e cantaría e ten unha soa nave. Na fachada destaca a espadana de dous corpos e tres vans, decorada con pirámides.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Veiga baixo a advocación de santa Catalina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Antas de Ulla baixo a advocación de San Fiz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Chantada baixo a advocación de san Fiz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Pantón baixo a advocación de san Pedro Fiz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Begonte baixo a advocación de san Pedro Fiz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Monfero baixo a advocación de san Fiz, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Outeiro de Rei baixo a advocación de san Pedro Fiz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Touro baixo a advocación de san Fiz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Sarria baixo a advocación de san Pedro Fiz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Sarria. Construída no s XIII en estilo románico, só conserva desta época a ábsida, precedida dun tramo recto e con planta semicircular no interior e pentagonal ao exterior. O arco triunfal é lixeiramente apuntado. No exterior destaca o campanario con baixorrelevos que forman rosetóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Bóveda baixo a advocación de san Fiz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Sarria baixo a advocación de san Fiz.

    VER O DETALLE DO TERMO